A exposición Manuel Rodríguez López, na Casa dos Poetas de Celanova
 A exposición é unha das accións do Proxecto Manuel Rodríguez López que, para impulsar a obra e a figura deste autor, promoven Galicia Digital e a familia do escritor, co respaldo do Concello de Paradela, Xunta de Galicia (Secretarías de Cultura e Política Lingüística), Deputación Provincial de Lugo (Vicepresidencia-Delegación de Cultura), Concello de Lugo e Real Academia Galega.
A exposición é unha das accións do Proxecto Manuel Rodríguez López que, para impulsar a obra e a figura deste autor, promoven Galicia Digital e a familia do escritor, co respaldo do Concello de Paradela, Xunta de Galicia (Secretarías de Cultura e Política Lingüística), Deputación Provincial de Lugo (Vicepresidencia-Delegación de Cultura), Concello de Lugo e Real Academia Galega.A exposición itinerante, formada por 8 paneis dobles que reflicten a vida e obra deste escritor, considerado o máis destacado poeta obreiro da Galicia do século XX e ponte entre os galegos de Galicia e os galegos en Catalunya, xa se puido ver nas catro capitais de provincia de Galicia, Ferrol, Santiago, Barcelona, Madrid e en diversas localidades galegas.
Á inauguración da exposición acudirán a viuva do escritor, Irene López; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; o alcalde de Paradela, José Manuel Mato, e Antonio Giz, Director de Galicia Digital. Participarán, pola entidade colaboradora, Fundación Curros Enríquez-Casa dos poetas, o Presidente e Alcalde de celanova, José Luis Ferro, e o Secretario, Antonio Piñeiro.
Xulio Xiz
  

