Eloxios á figura de Neira Vilas no acto de homenaxe

Durante o acto de homenaxe ao escritor galego, Feijóo subliñou que este inmortaliza unha Galicia empobrecida na que, “malia todo, poden medrar a beleza e a tenrura”. E, nesta liña lembrou que “o pai de Balbino” soubo transmitirlle unha humildade que o fai grandioso, unha modestia que o eleva e unha sinxeleza que sigue atraendo homes e mulleres que habitan mundos complexos.
O titular da Xunta resaltou que Neira Vilas presta as letras e dona as palabras a un cativo de aldea para que poida expresarse. “Balbino sente, e Neira Vilas transcribe os seus sentimentos. O escritor non se interpón na liberdade do neno, senón que a facilita para lograr que nunca xamais se esquezan a súas vivencias”, dixo, recordando que o milagre creativo prodúcese nun café bonaerense chamado , en medio dun mundo emigrante que teima por manter vivo o facho da Galicia natal.
Sobre este aspecto, Feijóo resaltou que Neira Vilas expresaría esa loita constante por incorporarse á terra de acollida, sen esquecer a propia, dicindo que .
“É o de Neira Vilas, un cosmopolitismo con raíces, non desarraigado, con referencias, con faros que orientan nos momentos de desacougo”, abundou, subliñando que é nesa emigración, na que o escritor vive e coñece, onde nacerá unha Galicia ; “a Galicia dos sentimentos, do traballo e da irmandade, mentres a Galicia de aquí atravesaba as súas noites de pedra”.
Feijóo concluíu subliñando que na Feira do Libro de Bos Aires, onde Compostela será a cidade invitada de honor, “don Xosé poderá reencontrarse coa súa outra orixe”, e aseverou que a semente da Galicia na que os nacen cun horizonte cheo de realidades e promesas, segue e seguirá presente no seu legado, na súa fundación, no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura, e sobre todo nos lectores que gozan da súa fala natural e acolledora. “É a súa unha ausencia moi presente. É a súa unha presenza ausente que nos estimula a seguir realizando os soños de Balbino, ese que somos todos”, sentenciou.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia