Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Escola Superior de Arte Dramática convoca o III Premio Pegada de teatro radiofónico

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa terceira edición do Premio Pegada de Teatro Radiofónico, que convoca a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) co obxectivo de promover a creación dramática en galego e a recuperación do formato de radio-teatro en Galicia.

A Agadic mantén a súa contribución a este galardón mediante a entrega como dotación dun cento de libros pertencentes ao seu fondo bibliográfico. O premio contempla, así mesmo, a gravación e emisión do texto seleccionado por Radio Redondela que, xunto ao IES Audiovisual de Vigo, colabora tamén nesta convocatoria do Departamento de Normalización Lingüística da ESAD.

Requisitos

O premio ábrese a todas as persoas interesadas, que teñen ata o 4 de abril para presentar as súas pezas. Os traballos candidatos deberán ser orixinais e inéditos e estar escritos en lingua galega. A temática é libre, aínda que non poderán presentarse adaptacións. Adoptarán o formato de guión radiofónico dramático e estarán calculados para que a súa duración en antena sexa entre cinco e dez minutos.

O xurado, integrado por profesorado da ESAD, valorará a calidade dramática e sonora na concepción do texto, así como o risco das propostas e as súas resolucións do espazo sonoro, tendo en conta que a obra premiada será emitida por Radio Redondela coincidindo cos actos conmemorativos dos días mundiais da danza e o teatro. Con este fin, os autores poderán utilizar cantos recursos radiofónicos consideren necesarios para que o texto sexa realizado de maneira axeitada: música, planos sonoros, efectos etc.

Entre os libros que a Consellería e Educación facilitará á ESAD para a dotación deste premio figuran tanto obras de creación dramática como estudos de investigación, de teoría e de práctica teatral, editados entre 1988 e 2013 a través de distintas coleccións, como son a Biblioteca de Teatro (Serie Grandes Manuais, Serie Manuais e Serie Breviarios), Biblioteca Dramática Galega, Barriga Verde, Escena Aberta, Centro Dramático Galego, Os libros do Centro Dramático Galego e Biblioteca Pillado Mayor.

O gañador da primeira convocatoria do Premio ‘Pegada’ de Teatro Radiofónico foi Ernesto Suárez Is coa peza ‘Do material do que están feitos os soños’, mentres que o ano pasado recaeu en Julio Peláez coa obra ‘A cunquiña’.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información