O avogado vilalbés Domingo Goás presenta o seu último libro: Romualdito y sus confesiones oróticas
O xoves, día 10 de marzo, ás 20,00 h., na Galería Sargadelos de Lugo, vai ser presentado o libro ROMUALDITO Y SUS CONFESIONES ORÓTICAS, do avogado vilalbés afincado en Madrid, Domingo Goás Chao.Goás Chao, Presidente da Cofradía do Capón de Villalba, ten publicados os libros UNA AVENTURA EUROPEA e POR QUÉ NUNCA FUÍ DE IZQUIERDAS. O primeiro dos libros indicados -UNA AVENTURA EUROPEA- relata a súa intervención como letrado no Tribunal de Estrasburgo de Dereitos Humanos, antes da entrada de España na U.E., tendo sido o primeiro avogado español en intervir diante do Tribunal internacional. Presenta agora unha novela, o seu terceiro libro, en acto no que intervirán o xornalista Xulio Xiz e o autor. Este libro será presentado en Vilalba, no Parador Nacional de Turismo, o próximo venres, día 11.
Xulio Xiz


