Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O 30º aniversario de Matarile Teatro e os concertos de Ses e Diego El Cigala, en Compostela

Matarile Teatro celebra 30 anos e temos varias actividades no Teatro Principal para celebralo. Repasarán a súa longa traxectoria coa posta en escena de tres traballos ao longo desta semana: Teatro invisible, Staying alive e El cuello de la jirafa. Ademais, ofrecen tamén unha acción extraída de Hombres bisagra, edición especial, e completan a semana de aniversario con Ponencias perras, coloquio onde se reunirán Eduardo Pérez-Rasilla, Alfonso Becerra, Antón Lopo e Ana Vallés. Todos os espectáculos son adaptacións especificamente pensadas para o Teatro Principal, buscando que actores e espectadores conflúan no ambigú, no escenario ou nos palcos e o galiñeiro do teatro.

Dentro do programa didáctico da Concellaría, esta mesma mañá celebráronse no Teatro Principal dúas funcións de Jim e a illa do tesouro, de Eme2 Producións. Continuará a programación este venres cunha nova cita, pero nesta ocasión coa música, xa que nenos e nenas de diversos puntos de Galicia estarán no Auditorio no concerto didáctico que ofrece Xacobe Martínez Antelo Standard Quartet. Retómanse os didácticos xa con teatro de novo, o luns 7, con Cyrano de Bergerac no Teatro Principal, nunha función que será en francés e castelán, e o martes 15 con O avaro, de Molière, tamén en francés.

Música con Ses, Diego El Cigala, a Banda, A RFG e a OSG
A Banda Municipal de Música de Santiago ofrece os seus concertos habituais: este domingo será no Teatro Principal cun concerto para saxo barítono dirixido por Manuel Mondéjar Criado; o domingo 13 estarán xunto á Banda do Conservatorio Profesional e dirixidos por Romero Llopis, no Auditorio de Galicia; e o sábado 19 darán un concerto na igrexa de San Domingos de Bonaval xunto ao Coro Liceo de Vilagarcía.

E logo da celebración do seu 20º aniversario, a Real Filharmonía de Galicia ofrecerá un concerto dentro do programa de abono o venres 18. Dirixidos por Edmon Colomer, estarán xunto á soprano Sandra Pastrana, o barítono José Antonio López, o Orfeón Terra a Nosa e o Coro Universitario. Corenta e cinco minutos antes do concerto haberá a oportunidade de charlar co director no Conversando con…. Tamén dentro do abono estará á Orquestra Sinfónica de Galicia o xoves 10 no Auditorio de Galicia, dirixida por James Feddeck e con Alexandra Soumm ao violín.

Ademais, este mes de marzo hai outras dúas citas coa música moi destacadas: o martes 29, no Teatro Principal, poderemos escoitar a Diego El Cigala. E os días 30 e 31, Ses presenta o seu novo disco Tronzar os valos. As entradas están a esgotadas para o xoves 31 e por iso se engadiu unha data máis.

Teatro e letras
O mércores 9 poderemos ver no Teatro Principal Femenino singular, unha comedia ácida sobre a maternidade protagonizada por Marta Belenguer, Rosa Manteiga, Carolina Solas, María Vázquez e Jorge Muñoz. E Producións Excéntricas preséntanos neste mes o seu último traballo, Os amores de Jacques o Fatalista, con Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas e Piti Sanz, dirixidos por Quico Cadaval. Poderemos velos xoves 10, venres 11 e domingo 13 no Teatro Principal.

No apartado das letras destaca a colaboración con Altántica, o Festival Internacional de Narración Oral, e teremos no Teatro Principal a inauguración o sábado 12 e a gala de clausura o xoves 17. E seguindo na liña de coloquios abertos hai uns meses na Zona "C", este mes poderemos charlar con Bárbara Bulhosa que falará sobre "Edicións Tinta-da-China: Independencia e supervivencia", o mércores 16.
Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información