Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Agadic recibiu 52 propostas para adaptar obras liberarias ao audiovisual con Firma e filme

Os representantes de 27 empresas galegas dos sectores audiovisual e editorial daranse cita o domingo 6 de decembro en Pontevedra, no marco de Culturgal, para participar na última fase do programa ‘Firma e filme’. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou para esa xornada máis de 50 reunións un a un entre compañías con intereses comúns na procura de novos proxectos de adaptación audiovisual de obras literarias galegas.

Esta iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Asociación Galega de Editores (AGE), botou a andar o pasado mes de xuño cunha primeira convocatoria a raíz da que a Agadic recibiu 52 propostas de libros de diferentes xéneros e estilos susceptibles de seren levados ás pantallas.

A continuación, un equipo de analistas de guión integrado por Alfonso Pato, Araceli Gonda e Eduardo Blanco Galán encargouse do estudo e informe dos textos para avaliar as súas posibilidades de adaptación cinematográfica ou televisiva. A partir desta análise e tras a posta en común coas empresas audiovisuais inscritas daqueles títulos que mellor encaixan coa súa liña de traballo, a organización deseñou o programa de xuntanzas entre empresas de ambos os sectores que terá lugar o domingo, a partir das 12.00 horas, no ático do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Catorce produtoras e trece editoriais

Asistirán a esta cita un total de 14 produtoras (Aba Filmes, Ábrago Filmes, Adivina Producións, Agallas Films, Brétema Producciones, Control Z, Esferobite, Faino Estudio, Ficción Producciones, Formato Producciones, Frida Films, Ladybug, Portocabo e Zeitun Films) e 13 editoriais (Edebé/Rodeira, Ediciones Bolanda, Edicións Positivas, Edicións Xerais, Hércules de Ediciones, Galaxia, Ir Indo, Ouvirmos, Sotelo Blanco, Tandaia, Técnicas e Gramaxe, Trymar e Urco Editora).

A Agadic promove ‘Firma e filme’ co fin de poñer en valor dous importantes ámbitos creativos da cultura galega, o audiovisual e as letras, a través dun proxecto conxunto que busca impulsar unha maior presenza da literatura galega tanto na pequena como na gran pantalla. Para confirmar a súa participación no programa, as editoriais tiveron que cumprimentar unha solicitude por cada obra achegada na que indicaron o seu xénero, o grupo de público potencial e o formato proposto para a súa versión audiovisual. Pola súa banda, as produtoras rexistradas sinalaron o formato no que teñen interese, os seus xéneros preferentes e máis o grupo preferente de espectadores ao que buscan dirixirse.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información