Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

XXIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA

Fecha: 
Domingo, 27 Mayo, 2012
Convoca: 
Asociación Cultural Xacarandaina
Tema: 
Concurso de Música Tradicional
Bases: 

O XXIII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina terá lugar o día 27 de maio no Auditorio do Centro Ágora da Coruña, en sesión de mañá ás 11:00 h. e en sesión de tarde ás 17:00 h.

Este concurso consta de tres modalidades diferentes: pandeireta, cuartetos de gaita e gaiteiro solista. Esta última modalidade incorporouse o ano pasado como novidade , aínda que cando se creou o Concurso, hai xa 23 anos, era a única modalidade instrumental. A división das categorías realízase do mesmo xeito que no concurso de baile, aínda que varían segundo as modalidades: no apartado de pandereteiras cóntase con catro categorías, no de cuartetos de gaita cóntase con dúas categorías, e no apartado de gaiteiro solista existirá unha única categoría. No concurso poden participar grupos de Asociacións folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións Culturais e Recreativas e Asociacións Xuvenís etc. procedentes de toda Galicia. Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que é obrigatorio o uso de traxe tradicional. Concederanse tres premios por categoría, que se determinará pola media das idades dos compoñentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos.

 

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, quedando descualificado o grupo que exceda dito tempo. O xurado no momento da cualificación terá en conta: autenticidade e dificultade da peza, afinación e interpretación e expresividade na interpretación.

 

En cada unha das categorías serán concedidos tres premios:

 

1º PREMIO: trofeo e 250 €

2º PREMIO: trofeo e 150 €

3º PREMIO: trofeo

 

O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio do mundo do folclore, e serán alleos á Asociación Cultural Xacarandaina.

 

De resultar do seu interese a posibilidade de contactar coa Asociación Cultural Xacarandaina, achegámoslle, o teléfono móbil da Asociación: 687 882 824

 

Agradecéndolle novamente a atención prestada e o interese mostrado polos proxectos da Asociación Cultural Xacarandaina, reciban un atento e afectuoso saúdo.

 

 

Asdo.: René Gómez Martínez

Presidente da Asociación Cultural Xacarandaina

 

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información