Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

III edición do Certame Deseña unha xoia para a túa nai

III edición do Certame Deseña unha xoia para a túa nai
Fecha: 
Domingo, 25 Marzo, 2012
Convoca: 
Por terceiro ano consecutivo, e co aval do éxito da edición do 2011, na que xa se recibiron máis de 5.000 debuxos, convocamos desde o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia a III edición do Certame de deseño para nenos e nenas de ata 12 anos Deseña unha Xoia para a túa nai.
Tema: 
Con esta actividade pretendemos estimular a creación artística, en relación cunha profesión estreitamente vinculada ao mundo do arte, pois unha xoia, ademais de constituir un complemento capaz de reflectir un determinado contexto histórico, social, cultural ou xeográfico, é o resultado final dunha forma de expresión plástica. Con este certame tamén queremos fomentar a creatividade e imaxinación dos máis pequenos. Entre todos os debuxos recibidos no Colexio Oficial de Xoiaría, seleccionaranse 80 finalistas e premiaranse a 12 destes (3 por cada categoría) cun premio especial que consiste na realización do seu deseño nunha xoia feita por fabricantes galegos do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia.
Bases: 

Bases do Certame 2012 “Deseña unha xoia para a túa nai”
1.- Participantes
O concurso está aberto a todos os escolares de Galicia, dende os 0 ata os 12 anos (inclusive). Os participantes dividiranse en catro categorías, atendendo á súa idade:
▪ Ata os 4 anos inclusive ▪ De 5 a 7 anos inclusive
▪ De 8 a 10 anos inclusive ▪ De 11 a 12 anos inclusive
2.- Premios
O xurado seleccionará 80 deseños finalistas, 20 por categoría, aos que se lles outorgará un diploma acreditativo da participación. Entre os finalistas de cada categoría outorgaranse tres premios (1º, 2º e 3º premio):  Os deseños gañadores de cada grupo faranse realidade por xoieiros profesionais, no metal que estes entendan idóneo, e serán entregados ós seus autores antes do día da Nai. As xoias finais, cando a execución técnica da peza así o requira, serán unha interpretación do profesional que a realice.
3.- Desenvolvemento do certame
▪ A partires do 10 de xaneiro, o Colexio Oficial de Xoiaría comezará a distribuir dípticos de participación. Xunto coas bases, poderán descargarse da páxina web do Colexio:
www.coxga.es
▪ Os deseños deberán debuxarse no espazo en branco reservado nos dípticos, cubrindo a ficha de participación do autor impresa no reverso.
▪ O prazo de recollida das tarxetas cos deseños será do 10 de xaneiro ao 25 de marzo de 2012, prorrogándose ata o día hábil seguinte, se o último día coincide en fin de semana ou festivo. Pódense enviar por correo postal ou entregarse persoalmente en calquera dos enderezos impresos nos dípticos: na sede central do Colexio, sita na rúa Ramón Cabanillas, 5-7,
2ºB, 15.701 Santiago de Compostela, ou nas súas delegacións (rúa Príncipe, 22- 4º, en Vigo, e Pórtico de San Andrés, 1 – 1º, na Coruña).
▪ Cada participante poderá presentar un único deseño.
▪ Ainda que, pola natureza do premio, se require que a participación sexa individual, para facilitar a entrega, os colexios ou profesores poderán remitir nun único envío os deseños correspondentes ós seus alumnos.
▪ Entre o 27 de marzo e o 1 de abril, reunirase un xurado composto polas persoas que se determinarán con anterioridade (profesionais representantes do sector da xoiaría, educación, prensa e do mundo da arte).
Tomando como base para a súa valoración a creatividade do autor e a súa capacidade para representar a peza no deseño
dacordo coa súa idade, os membros do xurado seleccionarán 20 debuxos finalistas por categoría e de entre estes elixirán os tres deseños gañadores de cada grupo, correspondentes ao 1º, 2º e 3º premio. A decisión adoptada por maioría do xurado será inapelable.
▪ A entrega de premios farase na data e no lugar que se determinen e que serán convenientemente comunicados a todos os finalistas e colexios participantes. Toda a información estará actualizada na web do Colexio.
4.- Aceptación das bases e notas aclaratorias
▪ Os autores e, no seu nome os seus titores/representantes legais, aceptan expresamente cumprir todas e cada unha das bases deste concurso. O seu incumprimento dará lugar á exclusión do participante do certame.
▪ Os datos dos participantes serán incorporados a un ficheiro titularidade do Colexio Oficial de Xoiaría, que tratará para a organización e xestión do concurso. Poderanse exercer os dereitos de oposición, acceso, rectificación e cancelación dirixindo un escrito ao Colexio Oficial de Xoiaría: Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB, 15.701 Santiago de Compostela. Os nomes e imaxe dos participantes, profesores e centros escolares, poderán ser obxecto de comunicación pública nas accións que o Colexio Oficial de Xoiaría poida levar a cabo relacionadas co certame.
▪ Todos os participantes ceden ó Colexio Oficial de Xoiaría o uso e explotación dos debuxos presentados, que poderán ser obxecto de reproducción, recreación, exposición e/ou difusión npública por calquera medio de comunicación.
Os deseños premiados quedarán en propiedade do Colexio Oficial de Xoiaría. Os demais presentados poderán ser retirados nas oficinas do Colexio, devolvéndose á mesma persoa que os presentou, previa comprobación da súa identidade. Para o caso de deseños remitidos en envíos conxuntos dende un centro escolar, poderá solicitarse a devolución do mesmo xeito.
O prazo de solicitude de devolucións será dun mes dende a data da entrega de premios, transcurrido o cal, procederase á  destrucción das tarxetas non recollidas.
▪ O Colexio Oficial de Xoiaría resérvase a interpretación das presentes bases, prevalecendo o seu criterio en caso de discrepancia.
▪ O Colexio Oficial de Xoiaría resérvase o dereito a introducir unha nova categoría de premios, ademais dos previstos, en base á participación dos colexios.

Santiago de Compostela, a 2 de xaneiro do 2012
_____________________________________________________________________________________
Información, bases, tradución, fotos das edicións anteriores, e novas da convocatoria en: www.coxga.es
_____________________________________________________________________________________
Colexio Oficial de Xoiaría
rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B - 15701 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 598

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información