Museo Etnográfico San Paio de Narla
- Museos
- España›Galicia›Lugo›Friol
Os primeiros documentos que fan referencia á primitiva Torre de Xiá son do século XIV, aínda que con motivo das Revoltas Irmandiñas a Fortaleza vese moi afectada e no XVI ten que ser reconstruída. O actual edificio está composto por elementos que abarcan do século XVI ó XIX, aínda que reaproveitando materiais medievais.
A Fortaleza foi adquirida pola Deputación Provincial no ano 1939 e no 1983 abre as súas portas coma Museo Etnográfico e da Historia, sendo obxecto dunha última reforma no ano 2003.
O Museo está composto por tres corpos (Torre da Homenaxe, corpo central e torreón) e unha capela exterior.
Horario de martes a viernes: 11:00 a 14:00 y 17:00 a 20:00
Sabados y domingos: de 12:00 a 14:00 y de 17:00 a 20:00