Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2011
Categoría:
Literatura
Fecha:
Jueves, 7 Julio, 2011
Fallos:
Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
O xurado do 6º premio Abrente de Textos teatrais, integrado pola profesora Dolores Vilavedra, o actor Jouse García, o crítico teatral Manuel Xestoso e o director da MIT Ribadavia, Roberto Pascual, decidiu, por unanimidade, conceder o Premio de Textos Tetarais de 2011 ó texto presentado baixo o título CAMPO DE COVARDES, que unha vez aberta a correspondente plica resulta corresponder á autora
Vanesa Martínez Sotelo
O xurado resalta a eficacia dramática, a calidade do texto e a capacidade tan grande e xenerosa que a peza lle concede ao posterior traballo actoral.
Indícase a gran capacidade de conxugar o compromiso ou reflexión ética no contido coa dramática contemporánea na forma. A profundidade do discurso vese acompañada polo dinamismo nas réplicas e o xurado quere subliñar o grande interese do tema principal da obra: a violencia política en termos abstractos, os efectos da violencia no plano persoal, interiorizada no comportamento dos personaxes e como afecta á sociedade, no plano comunitario.