Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Maria Xosé Silvar, Sés

Categoría: 
    Domicilio: 
    r/Paraiso 15 Baixo, 15175 Carral (A
    Código Postal: 
    15175
    Localidad: 
      Teléfono: 
      981670311
      Correo electrónico: 
      Formulario de contacto
      Web: 
      http://www.mariaxosesilvar.com
      Web: 
      http://www.airapro.com
      Descripción: 

      Formada na música e no baile tradicional, María Xosé Silvar é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso Acoruña Son, apadriñado por Santiago Auserón. Despois de máis de 30 concertos por toda Galicia con Chámalle Xis! e logo de colaborar con grupos coma Zënzar, AiraPro produce o primeiro álbume de María Xosé Silvar (ou Sés, como lle chaman “na casa”), con temas propios e acompañada dunha banda de músicos profesionais. Un proxecto en feminino no que o carácter, a forza e a creatividade de María Xosé rompe o molde da muller na música galega.
      SÉS Dos coros africanos aos ritmos ska, do blues á pachanga, de Aretha a Janis, da Habana a Budapest… Sés é unha descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións. Unha banda de dez músicos con sección de vento e coros, un feixe de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista que canaliza toda a enerxía do escenario: María Xosé Silvar, autora de todas as cancións, lidera Sés cun torrente de voz imposible, espontánea e chea do eclecticismo máis festeiro e bailable. Sés distribúese en tres formatos: formación completa (11 músicos), formación reducida (guitarra, baixo, batería e voz) e formato acústico, un plantexamento máis íntimo no que María Xosé Silvar presenta os temas de Sés ‘desenchufados’ acompañada do guitarrista Tito José Calviño.
      SÉS, A BANDA  Os músicos que completan Sés son David Paz --que ademais de tocar o saxofón e o clarinete, é o produtor musical de SÉS e responsable, xunto con María Xosé Silvar, dos arranxos dos temas--, Tito José Calviño na guitarra, Pablo Cedeño no baixo, Miguel Queixas á batería, Jose Rodriguez no saxo, Moncho Ces á trompeta, Cristian Leggiero no teclado e Aixa Romay, Lucía Souto e Carla Álvarez nos coros.

      Directorio

      • Ensinanza (19)
      • Editoriales (97)
      • Museos (122)
      • Salas Exposición (127)
      • Artesanía (554)
        • cerámicas (108)
        • coiro (46)
        • gráficas (12)
        • metal (82)
        • pedra (40)
        • vidro (30)
        • instrumentos (22)
        • textil (68)
        • xoiería (39)
        • madeira (67)
        • varios (41)
      • Teatro (239)
        • maxia (22)
        • aficionados (126)
        • compañías profesionais (93)
      • Música (1179)
        • son e iluminación (22)
        • varios (168)
        • solistas, duos y trios (30)
        • orquestras y grupos (43)
        • música clásica (283)
        • grupos folk-rock-pop (154)
        • rondallas (39)
        • corais e orfeóns (296)
        • bandas de música (149)
      • Cultura Tradicional (319)
        • agrupacións de canto tradicional (56)
        • grupos de música popular (262)
      • Bibliotecas (813)
        • bibliotecas públicas (456)
        • bibliotecas especializadas (357)
      • Danza (308)
        • outras danzas (38)
        • danza tradicional galega (270)

      Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

      Aldeas Gallegas

      Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
      Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información