Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Concurso fotográfico “Galeg@s: cidadanía activa”

Fecha: 
Viernes, 17 Junio, 2011
Convoca: 
Fundación Galicia Europa
Tema: 
Unha temática ligada ao Ano Europeo do Voluntariado 2011. Poden participar os afeccionados á fotografía nados ou residentes en Galicia maiores de 18 anos
Bases: 

A Fundación Galicia Europa convoca por terceiro ano consecutivo o seu certame fotográfico, neste 2011 sobre as diversas formas de participación social na nosa comunidade baixo o título “Galeg@s: cidadanía activa”, unha temática ligada ao Ano Europeo do Voluntariado 2011. O prazo para a presentación de imaxes ábrese hoxe, Día de Europa, no que se conmemora a declaración de Robert Schuman que sentou hai 61 anos as bases da Unión Europea.
Os fotógrafos afeccionados galegos ou residentes en Galicia maiores de 18 anos poderán presentar ata o 17 de xuño unha única instantánea, en cor ou branco e negro, que xire arredor dun destes catro eixes:

  • Asociacionismo xuvenil: implicación da mocidade galega nos asuntos sociais.
  • Voluntariado: actividades que redunden no benestar das nosas comunidades.
  • Ecoloxismo: accións encamiñadas á defensa e conservación do medio ambiente.
  • Valores democráticos: actos de rexeitamento da violencia, de solidariedade cos desfavorecidos…

Un xurado composto por persoas do mundo da imaxe e da cultura elixirá unha serie de obras finalistas de entre as cales seleccionará tres gañadoras, ás que se concederán premios por valor de 500, 300 e 200 euros. Este conxunto de imaxes formará parte dunha exposición que organizará a FGE unha vez coñecido o fallo.
Semana de Europa
A convocatoria deste concurso pon fin a unha semana durante a que a Fundación Galicia Europa impulsou diferentes actividades coas cales a nosa rexión, coma toda a Unión Europea, celebra aquel 9 de maio de 1950 no que a Declaración Schuman supuxo a primeira pedra da Europa comunitaria.
A semana de conmemoración comezou o pasado luns co acto no que 50 alumnos de primaria dos colexios Sagrado Corazón e Manuel Rivero de Lalín compuxeron un crebacabezas xigante dos 27 Estados membros. Así mesmo, o sábado día 7, na Xornada de Portas Abertas das institucións comunitarias, Galicia tivo un stand no Comité das Rexións para dar a coñecer en Bruxelas a nosa comunidade. Igualmente, realizouse un acto institucional cunha declaración e izado da bandeira da UE na sede da Xunta de Galicia.
 
Bases do concurso fotográfico 2011
 
Paula M. RegalFundación Galicia EuropaRúa dos Feáns, 3C baixo15706 Santiago de CompostelaTel: +34 981957854E-mail: santiago@fundaciongaliciaeuropa.euPortal web: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información