Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais

Fecha: 
Viernes, 3 Junio, 2011
Convoca: 
Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)
Tema: 
Textos Teatrais
Bases: 

A entidade da Consellería de Cultura abre tamén o período de admisión de orixinais para optar ao VI Manuel María e ao XIX Barriga Verde
 A dotación económica é de 6.000 euros para cada recoñecemento e modalidade
Santiago, 4 de marzo de 2011.- O Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais alcanza este ano a súa vixésima edición, consolidándose como galardón de referencia para a dramaturxia galega, así como o de máis longa traxectoria neste ámbito literario en Galicia. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) acaba de facer pública a súa convocatoria de 2011, xunto coa do VI Manuel María de Literatura Dramática Infantil e o IX Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques (modalidades de público infantil e adulto), para os que mantén aberto o período de admisión de orixinais até o 3 de xuño.
Cada un dos galardóns e modalidades conta cunha dotación económica de 6.000 euros, ademais de contemplar a posibilidade de que as obras sexan publicadas dentro das coleccións dramáticas que a Agadic coedita con distintas empresas galegas. Poderán optar a estes premios, que comparten como obxectivo o estímulo da creación literaria no eido dramático, textos teatrais inéditos escritos en galego e non representados nin premiados noutros certames.
Tal e como establecen as bases publicadas no Diario Oficial de Galicia, que tamén poden ser consultadas a través da web www.agadic.info, o tema e a extensión poderán ser libres, aínda que deberán ter en conta o principio de duración normal dun espectáculo teatral, de xeito que non serán admitidas as obras de teatro breve. No caso do Álvaro Cunqueiro e do Manuel María, quedarán igualmente excluídos os textos para teatro de monicreques.
Xurado
Para a avaliación dos textos constituirase un xurado formado por seis persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e escénico: dous expertos en literatura dramática, dous elixidos entre escritores, dramaturgos, autores e adaptadores, e outros dous entre directores de escena e outros oficios teatrais. Para tomar a súa decisión, que será comunicada antes do 30 de novembro, valorará aspectos que teñen que ver coacalidade literaria e dramática, a viabilidade escénica, a especificidade de cada premio e o coidado da lingua.
Raúl Dans, con Chegamos despois a unha terra gris, foi o gañador da anterior edición do Álvaro Cunqueiro, premio que xa recibira en 1994 e que tamén ten no seu haber unha destacada nómina de dramaturgos en galego: Manuel Lourenzo (2009), Teresa González Costa (2008), Roberto Salgueiro (2007, 2002, 2000 e 1998), Manuel Guede (2006), Rubén Ruibal (2005), Antón Lopo (2004), Siro López (2003), Afonso Becerra de Becerreá (2001), Manoel Riveiro (1993), Andrés A. Vila e Xosé Cid Cabido (1992), Roberto Vidal Bolaño (1991), Agustín Magán (1990) e Euloxio R. Ruibal (1989).
Ademais, en 2010 Xavier Lama recibiu o Manuel María de Literatura Dramática Infantil pola obra Os reloxos preguiceiros de Néboa, mentres que o Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques foi para Xosé A. Neira Cruz por Pedra sobre pedra na modalidade de teatro para adultos, e para Inacio Vilariño por Fábula galénica na de textos para rapaces.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información