Pasar al contenido principal

Arias, Sabela

General

Categorías: 
Ilustración
Categorías: 
Pintura

Sabela Arias naceu en Lugo o 24 de xullo de 1969.

CURRÍCULUM
A súa primeira exposición é no ano 1988 na súa cidade natal, pero desde ese ano 1988, as súas pinturas van variando de paisaxe como a súa vida. Estudia na escola de Artes Ramón Falcón, obtén a licenciatura na facultade de Belas Artes de Salamanca para proseguir os seus estudos na Universidade do País Vasco. Este ir e vir supón unha influencia clara, marcado gusto por novas paisaxes, polo que podemos facer un percorrido pola obra da autora como se se tratase dunha viaxe.
A búsqueda desta artista plástica e sen dúbida a cor, o seu espacio e textura, na que o tema resulta anecdótico para centrarse nun mundo de ríos de pigmentos case sempre na gama cálida. Nesa bagaxe descubre distintas técnicas e sensacións que van pouco a pouco fundíndose co seu eterno encarnado nos lenzos.
Cuncas, torques, persoas, galerías, unha descrición dunha sociedade que se pasea diante de nós para que descubramos formas e cores. 
Vense a través dos anos cambios en temáticas, aínda que a súa investigación sempre ronda a experiencia da cor e os ritmos que xurden dentro do seu espacio.
Ilustración, pintura, gravado, deseño, uso do espacio, pódese decir que non lle importa nin a técnica nin o formato, que varía constantemente, a súa obra e unha búsqueda de sensacións cromáticas puras.

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2005. Galerías. Ateneo ferrolán. Ferrol.
Berros para a paz. Sala do Centro Comarcal e IES Nº2, Ordes (A Coruña).
2003. Galerías. Edificio Arquivo. O Liceo. Betanzos.
2000. Cúmulum, Exposición de ilustracións, Edificio Multiusos da Xunta de Galicia. Lugo.
1998. Chuvias, brétemas e outras veladuras atmosféricas. Ateneo ferrolán, Ferrol.
Debuxos para nen@s, Ateneo ferrolán. Ferrol.
1996. Xoias de ouro prerromanas, Vanellus. Ferrol.
1994. Cuncas para unha taberna, Cazadores. Ferrol.
Volta ó mar, Casino Mugardés. Mugardos
1993. As cuncas e o seu deseño, Deputación Provincial de Lugo.
Galegos na emigración, Mazustegui. Bilbao.
1992. Mural para unha aldea salvadoreña, Guarjila (Chalatenango) El Salvador, C.A.
1991. Os arcos Milenarios, Deputación Provincial de Lugo.
20 Escaparates na cidade, Intervencións, Lugo. Accésit Escola de Comercio de Lugo.
Encarnado sobre lenzo. Museo Municipal de Ourense.
1988/89. Dvorak, Lugo.

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
2005/2006. Centro Cultural “José Domínguez Guizan” Begonte (Lugo) Primeiro premio
2005. Hotel Sancho Ramírez, Pamplona.
2004/2005. Espacio SINO. Santiago de Compostela
Ateneo ferrolán, Ferrol
2004. Balconadas, artista seleccionada, Betanzos (A Coruña)
Exposición de Arte e Artesanía, Galería de Arte, Bergondo (A Coruña)
2003. Anciáns do mundo, Sala de Exposicións Edif. Administrativo da Xunta de Galicia, Lugo.
Antiguos alumnos da Escola AA.AA. e OO.AA. Ramón Falcón, Sala Uxío Novoneira. Lugo
2000. Balconadas, artista seleccionada Betanzos (A Coruña)
1995. Costas Atlánticas, Galería da Calçada, Porto (Portugal)
1994. Bosnia Herzegovina, Ferida Oberta, Sarajevo.
Talleres del Sol, Mostra de Arte Postal, Tarragona
Segundo Certame Cidade de Lugo, Museo Provincial de Lugo.
1993. Certame Cidade de Lugo, Museo Provincial de Lugo.
1992. Exposición de videoarte, BBV, Catálogo Bilbao
Mostra de Pintores Galegos, Casa da Cultura, Vilalba (Lugo)
Premios Ciudad de Palencia de Artes Plásticas, Palencia
1991/2. Centro Cultural José Domínguez Guizán, Begonte (Lugo)
1991. Certame de Pintura Concello de Cambre (A Coruña) Accésit
1ª Mostra Fotográfica Cidade de Lugo, Deputación Provincial de Lugo
Colección do Museo Provincial de Ourense.
Mostra UXT, Lugo.
Arte y Ordenador, Museo de Salamanca.
En Blanco, Círculo de las Artes, Lugo
Gráfica 91, Betanzos (A Coruña)
1ª Muestra de Pintores Jóvenes/ Jeunes Peinares, Liceo Español de París.
Exposición de grabados de alumnos de 5º curso de BB.AA. Museo de Salamanca.
Pezas do curso Sargadelos 91, Escola de Tecnología e Taller Libre, Sargadelos, Cervo (Lugo)
1990/91. Certame de Artes Plásticas “Xuventude 90”, Exposición itinerante.
1991. Centro Cultural José D. Guizán, Begonte (Lugo)
7º Certame de Pintura Concello de Cambre (A Coruña)
1989.- Banco Gallego, Lugo.

PREMIOS
2005/2006. Primeiro premio Centro Cultural “José Domínguez Guizan” Begonte (Lugo)
1991. Accésit no Certame 20 Escaparates na cidade, Intervencións, Lugo.
1991. Accésit Certame de Pintura Concello de Cambre (A Coruña)

OBRA EN:
Ateneo ferrolán
Coleccións Privadas
Concello de Begonte
Concello de Betanzos
Concello de Cambre
Concello de Lugo
Chalatenango, El Salvador
Deputación Provincial de Lugo
Galería da Calçada, Porto (Portugal)
Galería Esmelgar, arte e comunicación, Lugo
Museo Municipal de Ourense

Críticas

Crítica

ISABEL ARIAS VUELVE A CASA
Isabel Arias, joven artista lucense, que, tras numerosos éxitos en exposiciones individuais y colectivas, mundo adelante, “vuelve a su casa”, es decir a Lugo, con una nueva en la Sala de Arte de la Diputación donde sus obras, como se dijo de las de Xavier...

Galerías

Galería