Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Corral, Victor

  • General
  • Críticas
  • Galerías

General

Victor Corral naceu en Baamonde (Lugo) o 14 de setembro de 1937, no seo dunha familia moi arraigada naquela terra.

Os seus primeiros estudos fíxoos na escola do seu pobo e as súas primeiras tallas naceron a carón da natureza observando a fauna e a flora da súa bisbarra.

Desplazado á Coruña, polas súas obrigas militares, escomenza o ensino artístico reglado na súa Escola de Artes e Oficios Artísticos na que tivo como mestre ó profesor José Juan, que había de influir moito na súa formación.

Desprazado a Cataluña, traballa no obradoiro de Andreu no que aprendeu a tallar pezas de sabor románico e gótico, e na Escola de Artes e Oficios Artísticos de Barcelona, mellora a súa formación cos profesores Montagut e Vélez. No ano 1964 traballa no obradoiro do mallorquín Martinet onde labrou moitas obras en pedra e en madeira.
En 1967, na procura de novos horizontes, emigra a Suiza, e en Xenebra expón unha trintena de obras.
Xa de novo na súa terra comenza a contrucción da súa Casa-museo e a partir de entón, adicouse por enteiro o seu labor artístico, amosando a súa obra en numerosas exposicións individuais e colectivas.

A obra escultórica de Victor Corral é moi numerosa; forman parte dela máis dun milleiro de pezas singulares. Esta cantidade de obras, foron esculpidas en moi diversos materiais e en estilos diferentes e variados, e a través delas expuso o seu imaxinario mundo vital e estético con singular acerto.

É de destacar a orixinalidade do emprego de árbores vivas para labrar nelas temas relixiosos, como é o caso da Virxe do Rosario nun castiñeiro perto da igrexa parroquial do seu pobo.
O granito da comarca serviulle para tallar esculturas que hoxe se atopan no xardín da súa Casa-museo e en outros lugares públicos.
Tamén o mármore de Carrara ou o marfil son utilizados por Víctor Corral para facer as súas obras, e moitas delas, esculpidas orixinalmente en madeira, foron fundidas en bronce ou cocidas en porcelana.

Moitos foron os críticos que se preocuparon da obra de Corral, e entre eles, vale a pena mencionar a Trapero Pardo, Castro Couso, Ester Ollo i Comas, Malú Sánchez, etc..., confluindo todos eles en determinar o estilo propio e xenuino do escultor, á marxe das vangardas e das tendencias artísticas. Aínda así, na obra de Corral pódense percibir ecos do románico e do gótico, influencias do manierismo de Miguel Anxo, trazos do impresionaismo de Rodin, e do expresionismo, e por riba de todo o tipismo galego o estilo de Asorey, presente en tódala súa obra.

Críticas

Crítica

Cada obra de Victor Corral invítanos a transplantarnos ó alén; a súa inspiración non é do noso tempo.
Adiehl (La Voz de Galicia).

Corral é un escultor universal que, posiblemente, utilice a linguaxe intimista da súa terra.
Fernando Mon (El Ideal Gallego).

En Victor Corral,...

  • Leer más

Galerías

Galería

    Directorio

    • Ensinanza (19)
    • Editoriales (97)
    • Museos (122)
    • Salas Exposición (127)
    • Artesanía (554)
      • cerámicas (108)
      • coiro (46)
      • gráficas (12)
      • metal (82)
      • pedra (40)
      • vidro (30)
      • instrumentos (22)
      • textil (68)
      • xoiería (39)
      • madeira (67)
      • varios (41)
    • Teatro (239)
      • maxia (22)
      • aficionados (126)
      • compañías profesionais (93)
    • Música (1179)
      • son e iluminación (22)
      • varios (168)
      • solistas, duos y trios (30)
      • orquestras y grupos (43)
      • música clásica (283)
      • grupos folk-rock-pop (154)
      • rondallas (39)
      • corais e orfeóns (296)
      • bandas de música (149)
    • Cultura Tradicional (319)
      • agrupacións de canto tradicional (56)
      • grupos de música popular (262)
    • Bibliotecas (813)
      • bibliotecas públicas (456)
      • bibliotecas especializadas (357)
    • Danza (308)
      • outras danzas (38)
      • danza tradicional galega (270)

    Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

    Aldeas Gallegas

    Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
    Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información