Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Crítica

Dentro da plástica contemporánea, Alejandro Carro e unha figura con brillo propio, cunha obra pictórica inconfundible, de ricos matices e espectacular cromatismo, que se move entre polos tan opostos como son a realidade e a abstracción. A sobriedade da sua linguaxe estética non oculta un intelecto agudo e introspectivo, sempre aberto e disposto a transformá-lo cotián, idealizando personaxes, seres ou obxectos, unhas veces rescatados do arquivo da memoria, outras sometidos á súa atenta mirada, que adquiren a transcendencia do sagrado.

A concepción dinámica do espacio, o caos aparente, as enigmáticas texturas e contrastes de luces e trazos, ás veces delicados, ás veces grosos, cos que constantemente constrúe e destrúe, amosan sensacións e sentimentos que emocionan. Coa presentación desta coidada escolma da súa obra esperamos contribuir ó coñecemento deste intelixente creador.

Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

O eído no que se move a pintura de Alejandro Carro é o do informalismo, onde elementos e materia cobran un especial protagonismo, e no que as fortes cores, amarelos, laranxas, verdes, azuis e negros, sabiamente mesturadas, achegan as luces e sombras precisas para enmarca-la súa particular iconografía.
Con suma mestría vai debullando o seu universo privado a través de sucesivas historias de grande forza expresiva, nas que asoma unha constante preocupación social.
Os seus cadros, de diferentes dimensións e formatos, son desgarrados poemas, vivos e candentes, pletóricos de mensaxes, cunha forte carga emocional, resultado de ligar trazo e xesto con audacia e paixón. Con esta exposición pretendemos dar un merecido impulso á súa exitosa carreira.

Mª Carmen García Campelo
Directora Xeral de Promoción Cultural

Carro, Alejandro

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información