Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Zeramiks

No Auditorio do Concello de Rianxo está aberta unha exposición de escultura de pequeno formato do artista Fran Lareo, creador que conta con numerosas mostras individuais e colectivas, tamén fóra do país. Zeramiks consta de vinte pezas que non son cerámica nin polo material nin polo proceso, pero o autor parece xogar cun título que evoca a vella artesanía dos oleiros.
Fran Lareo é un escultor de vocación sen estudos artísticos previos –a súa aprendizaxe regrada é de informática– que soubo buscar camiños de expresión nos materiais susceptibles de recibiren formas e colores. Traballa no seu taller-laboratorio de Brión cun material complexo, mestura de granito moído, area e calizas cos que consegue unha pedra artificial á que lle dá forma e acabados cromáticos de marcada orixinalidade.
Coa súa dedicación, conseguiu expresar formas abstractas, formas simbólicas e aínda conseguir logros figurativos como as representacións de Castelao e Rosalía que adxuntou a esta exposición en homenaxe aos dous galegos universais. A construción de todas as súas pezas comeza, pois, coa preparación dese material único co que modela a idea inicial. Logo faille retoque de talla con ferramentas que constrúe a partir de aparellos convencionais, como un desaparafusador que pode facer de punteiro ou de cicel. E finalmente, cuberta con color branca o co ton natural que tira a ocre, complétaa con debuxos en policromía que engaden valor estético a cada peza, completando a idea da forma ou adornándoa con achados sorprendentes. Finalmente, as estatuíñas reciben unha cobertura de verniz.
Combinando con habelencia a forma, o volume, a textura pétrea, o acabado e a pintura sobreposta de acrílicos, Fran Lareo consegue pezas únicas creadas sen molde, deseñadas con esquemas, nalgúns casos debuxos dixitais que permiten imaxinar a futura obra nas súas tres dimensións. Segundo el mesmo, aínda tendo que facer máis exemplares das representacións de Castelao ou Rosalía, seguiría a crear pezas únicas porque ningunha sería igual a outra, a pesar de tratar o mesmo tema con idéntico material.
Di que non está seguro de se é deseñador, artesán, artesán-creativo ou artista. Eu estou convencida de que Fran Lareo é un artista porque engade a cada manifestación creativa un selo persoal que a fai única. Esta exposición así o demostra.

Autor de la crítica: 
Helena Villar Janeiro, Escritora.

Lareo, Fran

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información