Traducción da critica sobre a obra de Manuel Romero na sua presentación no Museo de Azack en Paris
Desde que chegou a Inglaterra procedente de Galicia, Manuel Romero chegou a ser o longo dos anos da sua residencia permanente aquí, unha figura cada vez mais influinte, e as suas imaxes intrincadamente persoais son unha evidente influecia seminal sobre a obra exposta por moitos artistas bitanicos novos, particularmenteos favorecidos polo exclusivo circuito de galerias do West End londinense que ofrecen arte da vanguarda.
Polas abertas louvanzas dos seus contemporaneos, e claramente un dos poucos fundamentais que abren camiño, ofrecendo unha direccion esencial a outros da sua xeracion, e por conseguinte un dos mais significativos artistas que traballan actualmente en Londres.
Malia a átencion que o seu nome impon, Manuel Romero seguiu sendo consistentemente unha personalidade privada, case de recluso, negandose rotundamente a figurar en publico ou a falar en nome de calquera movemento ou tendencia actual. Como era de esperar, este silencio converteuno ainda mais nun enigma, e os seus cadros mais polemicos, do que tal vez el desexaria.
Para un observador que ten seguido o avance da sua obra a traves dunha serie de exposicions, e evidente que Romero se preocupa so de pintar, e todo o que non xesa iso e para él obxecto de impaciencia e desconfianza. E unha actitude obsesiva que, como revela esta exposicion transformase nunha ansiedade romantica, case que mistica, na procura dunha solucion a que o leve a sua inquedanza espiritual.
Debido o illamento que se impuso, estes cadros indiscutiblemente adiantan unha posicion creativa, xa altamente individual a un punto mais avanza-do, en resposta os numerosos novos retos que se ten fixado a si mesmo.
As imaxes, utilizando as inspiracions da cor e elementos de fonte externa tales como musica e a poesia, revelan que a sua pugna fundamental e libera-las formas representacionais minuciosamente detalladas, con inspiradas intervencions espaciais, ocultando o virtuosismo das solucions.
Estes extraordinarios cadros son notables polos exames microscopicos, casi forenses, de aspectos ordinarios do mundo natural levados virtualmente o subrealismo, pero aquí imbuidos dunha quietude case psiquica na sua intensidade. O efecto e revelador, inesquecible, e claramente a obra dun mestre consciente que traballa novos iconos.
España ten producidos unha corrente lexendaria dos grandes nomes internacionais o longo ultimos cincuenta anos. Ben poderia ser que os nomes de Picasso, Dali, Miro e Tapies se engandise o de Romero nun futuro non moi distante. Ainda que a extraneza dunha imaxinacion española manando por unha terra anglosaxona ten as suas incongruecias, Galicia, a rexion que deixou desconocido en 1966, pode en breve reclamalo como fillo favorito. Eu, desde logo, non teño a menor dubida diso.