Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Pedro Gómez, pintor de afectos

Tardiña do oito de agosto de 2017, en Mondoñedo, na hora en que sobre as vedrañas pedras mindonienses comeza a barruzar o solpor. O sol vaise espindo de entusiasmos febrís e a tarde dilúese en claroescuros sen que a xente que habita as terrazas pareza interesada no que pasa. Unha néboa branca e delicada, que naceu no mar de mañá cedo, brinca desde o Padornelo a Montedarca por enriba do viaduto de Lindín camiño do Fiouco.
Así, mentres a tarde esmorece, saúdo a J. Pedro Gómez, pintor nacido en Viloalle e residente en Madrid. Pedro convídame, co seu falar calmo de ritmo cadencioso, a visitar o interior do Bar Porriño para amosarme os cadros que alí expón desde o 4 de agosto ata o 15 de setembro. É a primeira vez que presenta a súa obra en Mondoñedo e seguramente, é discreto e non exterioriza tales intimidades, sinta a emoción de quen agasalla ao que máis ama co que máis lle gusta facer. Son en total doce obras nas que predomina a acuarela case sempre delimitada pola mestría do debuxante experto con lápis ou pluma e, por tanto, afeito ao trazo delicado e minucioso.
Entre a obra exposta están, como non podería ser doutra maneira, algúns amados recunchos mindonienses como as fermosas e antigas pontes de pedra de Viloalle e Masma, o Pazo de San Isidro e un escudo do pazo bispal. Outras das obras lévannos por paisaxes, marítimas e terrestres, onde a luz se aseñorea da composición ata o punto de substraernos imaxes e intencións que debemos descubrir ao contemplalas. Noutras obras, o pintor recrea estampas que o impactaron por algunha razón, pola luz ou por algún outro motivo. A recomendación é obvia; non deixen de ver esta exposición se teñen oportunidade de pasar por Mondoñedo nestas datas. Non os vai defraudar.
Unha das obras leva por título "Flor de un día" pois aparece en primeiro plano esa flor chamada así pola brevedade da súa existencia. Unha explosión da natureza que apenas dura 24 horas! Mais nesta obra, ademais da flor da marabilla, hai outra imaxe máis discreta ocupando un aparente segundo plano que nos fai pensar en que esa efémera flor non é máis ca un símbolo, unha metáfora de fugaces e humanas aventuras.
Cada obra da ducia que nos ofrece Pedro Gómez ten como detonante creativo unha historia, unha visión ou experiencia que, unha vez desvelada, nos serve de guía ou pasaporte para introducirnos no imaxinario íntimo do artista. A min gustáronme moito estes cadros cheos de luz que insinúan ou transparentan emocións. Mais, de ter que quedar con algún, quedaría co que nos propón unha visión idealizada de Mondoñedo e que se titula "Amencer", unha obra na que a cidade co seus arrabaldes se nos amosan como un espellismo, unha ilusión óptica fermosa e atrainte que nos convida a paseala e a gozala. Un alborexar, unha arela que, conta Pedro emocionado, pintou desde un lugar da memoria que non pode precisar.
Cando nos despedimos, as sombras xa tomaron posicións a pé de rúa mentres que a lúa, en plenilunio, reflicte con milimétrica precisión a imaxe do fermoso retrato do Mondoñedo que Pedro Gómez dixo soñar!

Autor de la crítica: 
Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo.

Gómez, J. Pedro

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información