Na busca do sublime
Dentro do ámbito da pintura actual na nosa Comunidade, brilla con luz propia José Mª Lugilde, artífice capaz de transmitirnos coa máxima elegancia e cromatismo a súa preocupación polo presente e futuro da humanidade, cunha visión utópica non exenta de crítica social.
Na busca do sublime, utiliza con grande forza expresiva e rigoroso dominio de variadas técnicas o seu talento creador para nos narrar suxerentes historias onde o home liberado e espido se integra na natureza na procura da verdade e a Iuz, lonxe do cárcere virtual da intransixencia, arrastrado polo torrente do desexo, da sensualidade e a imaxinación incandescente.
Nun alarde de liberdade compositiva entrelaza seres misteriosos, de voluptuosas formas e suxerentes cores que comparten un destino común, fabulando atmosferas repletas de sensualidade, por veces próximas ó surreal ou ó psicodélico.
Na selecta representación do mellor do seu traballo que amosamos, pódese percibi-la mestría deste significado expoñente da plástica galega actual.