Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Exposición na Casa da Cultura de Burela.

Baixo a nomenclatura de ¿VALORES! preséntase na Casa da Cultura de Burela, unha nova exposición, que ven a engrosar a prolifica obra do escultor lucense Xoán Vila, e que da mostra da súa calidade creativa. Terminolóxicamente falando, valores ten acepcións moi variopintas. Ainda que a sociedade na que vivimos valora o diñeiro, valora o material, valora o palpable, noutro punto, atopamos o valor da amizade, da solidaridade, do compromiso. Xoán Vila a través desta mostra, cargada de metáforas e iconoloxías, fainos reacionar, sobre o qué debemos valorar, sobre o qué os demáis valoran de nós, fainos mirar o máis profundo do noso ser, e sobre todo fainos reflexionar. En cada unha das figuras agochase un porqué, un significado, unha razón de ser, de todos eses valores humanos, que a nosa sociedade, e nos como cidadadáns que somos, imos devaluando progresivamente. Amizade, comunicación, axuda, afecto, valores clásicos, agora plasmados dende unha óptica moderna, vangardista e por enriba de todo persoal, froito dun arte sincrético, cargado de matices, que en ocasións rozan a estética surrealista, perceptible en obras como a que leva por titulo Pensamentos, mentras que noutras obras deixan paso a rasgos abstratos. Nembargantes, non se trasgreden os limites da figuración. O artista parte da natureza que nos rodea, e do ser humano como fonte de inspiración, pero non trata de imitala senón de interpretala, dignificando a ensencia en prol da apariencia, en definitiva, trata de expresar sensacións, emocións, sentimentos. Por iso, estilisticamente, o termo que mellor a define e o de obra expresionista, que distorsiona e deforma a realidade co obxetivo unico de expresar, que esaxera o tamaño das mans, para amosar a importancia de de axudar (Expresións), de comunicarse (Punto de encontro), ou ben que entrelaza as mans en posicións antinaturais, para expresar axuda e cooperación (Estudio circense), acollemento (Lirica vital II), ou protección (Dous mellor ca un). Expresividade nos rostros, movementos irreais das figuras, que tenden ó helicoidal para amosarse intrépidas, cheas de temor, e incertidumbre (Con buen pie). Tratase en definitiva dunha visión persoal do mundo, dando lugar a un arte conceptual e tremendamente metafórico. E, como non podia ser doutra maneira, a técnica empregada, camiña da man desa expresividade que se convirte no centro neurálxico de toda a mostra. Xoán Vila, amosa unha vez máis a súa predilección pola madeira, material nobre a autóctono, que traballa con singular maestría. Pero lonxe queda aquel realismo das súas primeiras obras, nas que buscaba representar con exactitude e minuciosidade os elementos os que facía referencia; agora o artista xoga co veteado para suxerir, e diferenciar fisonomías, xoga co claroscuro, para impactar e amosar contrastes, e sobre todo xoga coa textura, que en algunhas ocasións recorda o “non finito”, ainda que traspasdo a un plano moi persoal, froito do sincretismo e da formación autodidacta de Xoán Vila. ¿Valores!, ¿qué valores nos caracterizan?, ¡de cantos valores nos esquecemos! ¿qué valoramos dos demáis?, ¡cantas veces pechamos os ollos ante o mundo que temos diante!, como manifestan as esculturas desta mostra, esculturas que cobran vida propia, buscando a comunicación co espectador. Por iso, vos convido a que as contempledes detidamente, a que descubrades a súa esencia, e sobre todo a que disfrutedes a visita, tanto como o artista disfruta o proceso de creación. Porque Xoán Vila, concibe a arte como a expresión suprema dos sentimentos. Xoán é a man máxica que transforma o material en inmaterial, o tradicional en vangardista e o cotián en arte.

Autor de la crítica: 
Noelia Castro Lage, Historiadora da Arte e Comisaria da Exposición

Vila, Xoan

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información