Crítica
Quizá no hay que buscar la Paz, sino tenerla.
Muy posiblemente para tenerla hay que hacerla poco a poco como se hacen fortunas que, a la larga, son menos importantes y...
Sin duda, para hacerla hay que tener seguridad de que la verdadera fortuna está en romper con la estúpida frivolidad social que convierte al individuo en caníbal que se olvida del ser humano que lleva dentro y del que tiene al lado.
Quizá la Paz se halle solamente en el Amor, la Verdad, la Justicia y... La Paz. Y... en el Arte...
Garmendia.
Garmendia é un escultor profesional autodidacta que conta cunha prestixiosa carreira artística.
(…) Coma toda manifestación artística, a obra de Garmendia, fala por sí propia, exprésase nas súas formas, no seu volume e tentar apreixala en palabras é traizoala un pouco.
As tres esculturas son completamente independientes entre sí, sen deixar de levar o selo do seu propio autor, de percibir un rasgo de autoría nelas. En común teñen: os materiais (as bases de granito nos tres casos); a cor escura, a elegancia das formas, a talla perfecta, o rematado, a maxestuosidade, a invitación ó recollemento e ó silencio…
Nunha primeira ollada, máis inocente, diríase que as súas obras nos recordan a Silverio Rivas e a Giacometti. Parte dunha figuración inicial e a través dun proceso simplificador de liñas e volumes acada a forma pura, sen esquecer de todo a orixe figurativa, que permite a modulación do espacio coma sucede nalgunhas das esculturas de Silverio Rivas.
Estiliza nervioso esas formas, alongándoas ata acadar a descarnadura, epígono da representación antropomórfica, coma fai Giacometti nas súas obras menos angustiantes. Isto non quere dicir que o autor nos recorde a algo xa visto; a factura da súa obra é completamente orixinal.
Realiza figuras sinxelas pero ambiguas, case abstractas, por veces atormentadas, onde o autor máis que describilas o que fai é situalas nun espacio baleiro que poblan por completo.
En “Más allá de las puertas del infierno”, esa especie de esvástica avanzando e o cilindro roto fannos reflexionar sobre a guerra, o ser humano, a identidade... promove os contidos da realidade que subxace.
As súas obras invitan ó recollemento, á contemplación, a percorrelas lentamente, a xirar ó seu redor. E agora, ese silencio pedido, que fale a obra.
Verónica Martínez, poeta e licenciada en Historia da Arte.