Crítica
(…) Mercedes Molares é consciente da evolución que a súa técnica artística sufriu dende que comezou, hai xa uns anos, a traballar instalada en tendencias hiperrealistas. Tamén os seus comezos ó óleo foron moi figurativos.
O aprendizaxe continuo e a experiencia da que un se vai alimentando polo camiño da vida, fixeron da súa forma de facer arte unha expresión cada vez máis persoal e perfeccionada. Exemplo deste perfeccionamento é a serie “Silvestrinas”. (…) Unhas pezas nas que a figura da muller inmigrante é o eixo no que xira unha temática cargada de simbolismos.
Como común denominador, a autora mantén en cada unha das obras unha obsesión polos materiais naturais máis nobres, entre os que se poden atopar básicamente a terra, a madeira e o gres. O ligazón fundamental entre estes elementos de actuación é a arxila, nexo co que se conectan todos os materiais. Mercedes procura deste xeito “traballar as texturas e as cores no máis primario dos conceptos”. Realizando habitualmente estas creacións en arxila reflactaria, esta profesional da cerámica trata de captar o fugaz momento creativo e ese máxico instante consciente”. As últimas incorporacións a este traballo manual son técnicas como a da pedra lavada. Por este método, a partir dunha peza modelada, faise un molde no que se vacía o material que interesa.
Aínda que moldea moito en gres, Mercedes Molares móstrase partidaria de introducirse no uso de materiais como ferro ou bronce, elementos que requiren fundición e unha inversión económica de máis envergadura.
A artista declara non sentir especial preferencia por ninguna destas formas de manifestación creativa. “Todo depende do ritmo de vida do momento. Hai momentos nos que me apetece esculpir e crear vida traballando o volume, e outros nos que preciso das formas planas para exteriorizar unha idea”. En ocasións, a obra gráfica forma parte do boceto da forma escultórica. (…) Unha xeometría plana que dá señal do proceso de creación polo que pasan moitas das figuras artística desta orixinal creadora. Un métido que, no caso da cerámica, segue unha técnica artesanal ancestral, cocendo a arxila a uns 1200º “para dar como resultado unha peza máis consistente”.
Laura García, Diario de Arousa.