Crítica
Cando Van Gogh lle amosou os seus cadros a Cézanne e lle preguntou a súa opinión, este respondeulle "sinceramente fai vostede a pintura dun tolo". Para Baquilides de Keos, poeta grego do século V antes de Cristo, a poesía é a pintura falada e a pintura, a poesía muda.
Para min a pintura ofrece resonancias e musicalidades, esperta sensacións e emocións que converten o silencio en sonoridade expresiva e elocuente.
Desde esa perspectiva, Randolfe preséntasenos como un poeta da pintura. Pinta como sente, e non segundo compromisos de escola. E, entón, o home sae gañando, pois non claubica ante os convencionalismos, porque antepón sempre o seu sentimento (físico e espiritual) e, así, a materia faise, na súa man, dúctil e maleable. Randolfe adquiriu un compromiso para toda a vida coa pintura, manifestándoselle como unha auténtica vía de liberación, de liberdade... Este imaxinativo pintor de Carballedo pon a alma en cada cadro, marcando unha interesante evolución que, cos anos, o leva a consolidar un estilo de seu e inimitable, no que a liberdade máis plena se abre a tódalas interpretacións, pero cun sentimento de personalismo que dá vida propia a cada un dos seus lenzos.
Ramón Rodríguez Porto
[linea]
Xosé Randolfe Vilariño, o creador, escolleu, máis de dúas ducias de obras, traballos dos últimos tres anos, para mostrar por Galicia unha producción de matizada tendencia expresionista. Interpretando a realidade desde as súas propias vivencias, fainos entrar no mundo por el ideado, no que podemos identificarnos e, se queremos, compartir ánimos.
A selección presenta desde acrílicos a óleos, e ata algún pastel, ademais de varios collages. Traballa pegando e pintando sobre papeis, aumentando a densidade da matería con empastes e engadidos, como serraduras ou area, entre mercadorías do consumo. Nalgúns cadros a disposición das cores lémbranos a Verniz vitreo dos esmaltados, indagacións ás que Randolfe dedicou un tempo no pasado. Mais ó falar do dominio da técnica debemos deixar constancia de q ue non estamos ante un artesán, un copista. A obra de Randolfe procura a singularidade, trata de ofrecer arte.
Se reparamos no tratamento dos temas, os motivos aparecen deformados. Distorsión de liñas presente ata en representacións de persoas próximas ó autor, e mesmo en autorretratos. A deformación fainos cavilar-da forza da protesta necesaata unha visión pesimista, cando non nibilista-, da realidade-, exteriorizando a violencia con figuras humanas atormentadas e ata agredidas. Porque Randolfe, ademais de loitar por un espacio propio, vive e combate no seu tempo. Non ofrece pintura doce, destinada a engalanar con comedido encanto o mal gosto dun salón burgués. Se hai realismo este é comprometido, pois recoller as atrocidades da guerra pode evocar o pasado para quen estea tan cego que non atenda, cada día, ás páxinas de información internacional de calquera xornal.
Na liña máis persoal do autor hai lugar para os exercicios de simetría, xogos con figuracións no espacio, executados sen deixar de plasmar emocións. Da literatura toma outros motivos, tamén ofrece alegorías, e ata entronca coa tradición relixiosa, con paixóns e descendementos reforzados polo cromatismo-nun púrpura-violáceo, difícil atopar outra cor máis acaída-. Son referencias culturais, unhas minoritarias, outras mellor coñecidas polo público. Mais -insistimos- non estamos aquí e agora ante unha obra fácil, non foi a pintura unha arte popular en toda a centuria que remata. Gabriel Plaza Molina definiu, con acerto, a Laxeiro como un "expresionista do pincel e da palabra". Non temos dúbidas en empregar a mesma valoración para a obra de Randolfe. Os que coñecemos o autor, ademais de polas súas creacións polas súas palabras, declaramos que non ten reparos en manifestar publicamente o estado do seu espírito. As sente, e se temos disposición para acoller as súas emocións logrará transmitírnolas.
Randolfe comezou amando a pintura e esa admiración transformouse, co tempo, nunha paixón desbordada e irrefreable que sabe plasmar con mestría en evocadores eclosións de luz e cor.
A calidade da súa pintura é incuestionable e algúns críticos sinalan reiteradamente que lembra o mellor de Óscar KoLoschka. Cada un dos seus cadros recibe un tratamento minucioso e cada un deles é o resultado dun proceso de investigación e estudio, imposible de realizar sen coñecer a fondo a historia da pintura, as súas técnicas e materiais. En Randolfe hai pleno coñecemento de cada un dos elementos que interveñen no proceso pictórico, e isto facúltao para actuar con absoluta liberdade ó executar cada obra.
De aspecto sosegado, Randolfe é, en realidade, a inquietude personificada en ser humano, un pintor do que o único horizonte é a trepidante acción, un vivila vida cun estilo newtoniano da actividade. Home sensible, culto, xeneroso; estas calidades permítenlle realizar unha pintura capaz de producir variadas sensacións en quen a contempla, deixando que sexa o propio espectador quen desenvolva a súa imaxinación, a súa creatividade e os seus ideais.
Comunicador do mitolóxico, do bíblico, de fantasías e imaxinación, ilusionador do imaxinado, soñador de desexos e creador de sentimentos enriquecedores que Randolfe sabe plasmar na súa pintura: vida e goce. Crear un remuíño de luz e sensibilidade que dificilmente se poderá imitar.
A súa eclosión de cores e ritmos entúbase nunha unidade de expresión moi variada, sen principio nin fin. Os vermellos, azuis, amarelos, verdes e brancos danlle unha luminosidade única e característica, propia da súa obra. A súa vida contémplase nesas cores fortes, vermellóns, azuis ou ocres, que posúen anacos do seu corazón e da súa carne, pero non por iso se afastan das súas vivencias, mellor dito dálle-la cor necesaria para plasmar co seu pincel toda a forza do seu ser.
Toda a súa obra é o froito dunha vida dedicada á composición pictórica, o que lle outorga un selo propio e distinguido, aínda que resalta no seu expresionismo figurativo a combinación da arte do abstracto e o expresionismo que, en definitiva, se trata ducha expresión do subconsciente que imprime o pintar sen ataduras nin barreiras, creando formas e manchas, ás veces totalmente involuntarias, que se cadra procedesen do derradeiro retiro de Monet.
Non podería deixar de reseñar, na conclusión desta sinxela análise, que o camiño cara á arte é lento e a creación artística é tan celosa que non admite outros amores e dedicacións.
Esta constancia e tesón en esculca-las infinitas posibilidades de expresión dos valores plásticos conducirán, inevitablemente, a Randolfe cara á única meta ansiada e merecida de calquera gran artista: a Gloria.
Xosé Manuel Vázquez
Dentro dos amplos dominios da pintura atópanse aqueles artistas que ainda a entenden como unha dirección especifica, que se basta a si mesma en tanto que é portadora dunha capacidade de recursos case inesgotable e dun afán expresivo que segue sendo o motor das súas bascas. Estes son herdoiros da arte do século XX, portadores da súa esencia e anticipados visionarios dun eclecticismo integrador. Como tamén é o caso de José Randolfe Vilariño, artista autodidacta e un claro exemplo de quen segue apostando por un traballo de experimentación dentro do contexto do pictórico, con avances e retrocesos, pero canha firme vontade de concretar modos persoais.
Esta exposición que hoxe presentamos dentro do circuíto das itinerancias recolle obras de tres anos de intenso traballo, obras que lle abren a súa producción plástica á dimensión do público e que esperan acadar ese recoñecemento ó labor ben feito.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo
A exploración do ámbito pictórico supón descubrir camiños cheos de suxestivas posibilidades que lle abren as portas á definición dun estilo persoal, concretando novas formulacións mediante a suma do existente. José Randolfe Vilariño é dos artistas que levan a exploración das diferentes vías expresivas ás súas máximas consecuencias, descubrindo e investigando formas e modos nun traballo de redefinición que lle deu a oportunidade de conxugar en primeira persoa moitos dos avances plásticos que se sucederon dende a irrupción das vangardas. O expresionismo, a nova figuración, o constructivismo, o surrealismo ou a pop art, son referentes que lle serven de punto de partida para a construcción dunha obra persoal, chea de sinais, pero de intensa frescura e que esperamos reciba a súa recompensa coa aceptación do público e da cr/tica nesta nova exposición cua que lle abrimolas portas ó simbólico ano 2000.
Homero José M. Pérez Quintana
Director Xeral de Promoción Cultural