Crítica
SEMPRE A MULLER
Tanto nas súas terracotas como nas súas esculturas en bronce, a obra de Márgara Hernández posúe un toque sensual que fai que non só a vista, senón tamén o tacto, participen activamente no seu proceso de captación. É unha obra na que se respira un tranquilo atractivo, unha ledicia e rotundidade que a encadea con esa iconografía tan galaica de muller de volumes plenos, pechados, protagonistas da vida.
Rosario Sarmiento