Crítica
Na pintura de Mª José Ares destaca o seu persoal vocabulario plástico máis preto do informalismo ca de calquera outro credo estético, eido no que se move con inusitada soltura e axeitada utilización dunha variada é orixinal gama cromática.
A Busca do efecto tridimisional nas súas construccións evoca os seus coñecementos técnicos especificos, xogando continuamente con planos verticais e horizontais que producen unha impresión óptica misteriosa e inquietante.
Cunha proposta iconográfica persoal describe soños é amosa as súas claves vitais nun constante dialogo reflexivo coa natureza e cos obxectos que se atopan no sue contorno máis próximo dos que pretende atrapa-la súa esencia.
As composicións reproducen trazos xeométricos proporcionados con cores harmónicas e ben mesturadas que evidencian a dimensión do seu coñecemento e universo artístico.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.