Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Crítica

Un moucho nunha fiestra, Con semellante talismán non hay derrota posibel. Eu agardo que Xoan Piñón me regale a foto algún día. Ou unha foto irmán cun moucho da familia,
igoalmente simpático, misterioso e insolente. Ese páxaro gaboso, sabio e inquietante,
coma deus conscente da sua mitoloxía, resume o intre máximo da foto: maldito e inocente, tenro e doente. Revolución e permanencia.
A hora lexendaria en que o derradeiro mohicano, Uncas, ensinou o tatuaxe da tortuga
e pasmou a os delawares. Ese é o intre da foto verdadeira. E Piñón ven-nos pasmer con eses tatuaxes da tribu que ceibou nas paredes.
O estoupido da celula. O da semente cando apalpa no sol. O alalalá da pasión. O intre da xiria. Ese tamén é a foto verdadeira. Enerxía e solpresa, vértigo e asombro. E Piñón trnsmíte-nos esas vibracións, porque a cámara dos mestres ten o don de facer reverdecer.
Descubrimento. Apropiación. Segredo. Todo pirata que se honre percura tesouros polo placer da percura. Todo viaxeiro que se precie non debe ter máis meta que o alén. Todo bon falcón ­eu seino­ caza para voar.
Se con esto se entende que Xoan Piñón, fotógrafo, ten un pouco de pirata, de viaxeiro e de falcón, xa está dito todo. Dentro dun século falaremos.

Manuel Rivas, escritor.

“El Cazador Furtivo”
Por botar man de mitos, imaxinemos o realismo social de Walter Evans e a extremada mistificación contemporánea de Cindy Sherman ou ainda máis alá Paco Cao converténdose en fotografía de cartaz publicitario de si mesmo representación da representación. Entre os contrastes, o traballo de fotografías de rodaxes cinematográficos que nos mostra Xoan Piñón proxecta unha paradóxica naturalidade. Son tamén imaxes tomadas no escenario dunha representación, onde as persoas son persoaxes, a paisaxe é paisaxismo, e o que acontece é unha ficción. E noustante teñen es estraña naturalidade que nos enfeitiza e que nos faireflexionar sobre os lindes da realidade, das artes e mesmo da condición humana, ese "un que é moitos" ese ser para o disfraz. Cada unha de estas imaxes ten a fasquía mista do fotograma, do documental e do retrato psicolóxico (...) como se Piñón fotografiara simultáneamente o actor, o persoaxe e a aura literaria e fílmica que os arrodea. A demáis, algúns destes actores son rostros famosos, ou com se adoita dicir noutra paradoxa mediática, sonnos "familiares". Outro xogo engadido para a cámara do fotógrafo. Todas esas "capas de pintura" fanse transparentes nestas fotografías de rodaxe. Fálannos, con vagar, do espectáculo do espectáculo, da ficción da ficción, da película que é facer cine. Se na rodaxe o tempo é ouro, velaí o tempo cazado como un fotograma da memoria. A cámara detrás da cámara. O cine creou os novos totems, os ídolos paganos que necesita o ser humano e que nos mostran que os gregos clásicos foron tamén por diante nisto: deuses de carne e oso, deuses cheos de paixóns, deuses que fornicaban ata o linde do incesto. A eses deuses facíanlle estatuas para conxelalos no mármore do tempo. Entre as franquezas do cine está o seu mellor valor: a imaxe en movemento. A fotografía é a aque caza os deuses. E aí está Piñón. O cazador furtivo no coto privado onde se fabrican os soños.

Manuel Rivas, escritor (prólogo de “Momentos de Cine”).

Piñón, Xoan

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información