Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Crítica

PUNTO DE VISTA
Intento manterme no punto que creo axeitado dun suposto “observatorio”, isto supón achegarse, afastarse, moverse á dereita e a esquerda en diagonal, en definitiva, é como rodear a diferentes distancias e con movementos a discreción unha esfera onde se ven cousas ou onde ocorren cousas. En "Territorios" e "Arquitecturas", non só me quero referir a unha posible desertización o a un baleiro plástico, si non a que estamos o suficientemente afastados para non apreciar nada, incluso achegándonos non podemos satisfacer o noso desexo de ver o que queremos ver.

UN TEXTO PARA UNHA PAISAXE
A idea tradicional de paisaxe, irrompe continuamente na mirada cando a imaxe ten os elementos "tópicos" deste, pero supón unha interrogante difícil de respostar para o observador cando o representado non ten o habitual,(liña do horizonte, árbores, casas, eta.), e o termo “paisaxe” non aparece no título.
Cando Manet pinta o "Almorzo na Herba” preséntanos unha paisaxe con figuras. Cando Cezanne pinta retratos, faino con pincelada estruturada igual que nas súas paisaxes. Cando De Kooning ou Cy Twombly (Pintores expresionistas americanos), fan abstracción, sexa cal sexa o tema que estean desenvolvendo, o tratamento externo é paisaxístico e a xénese interna da imaxe combinase nunha perfecta química con ese tratamento.
Esta reflexión tenta de darlle ó termo, paisaxe, outra dimensión, xustificada desde o punto de vista da liberdade do artista, muller ou home, que se distancian ou se achegan para conversar con eles mesmos no seu recuncho de traballo, expoñendo ó seu xeito o xa conversado e o xa vivido. Este carácter de experiencia cotián vista desde o futuro, preséntasenos como unha paisaxe lonxana.
Así, nesta ocasión, estas paisaxes “humanas” mostran sensacións, sentimentos, opinións plásticas e outros matices vivenciais con fisionomía de xogo autobiográfico, mitigando a figuración para imprimir unha maior liberdade.

Canaval

Busto, Manuel

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información