Crítica
O artista Carlos Maciá lega unha desas pinturas de ‘instante decisivo’ onde calquera erro –mellor diría encontro fortuito- se converte en acerto e condiciona os intersticios contradictorios da imaxe. Así, lega unha pintura reflexiva a pesar do seu aspecto formal, aparentemente libre, fluido. Todo isto explícase a partir do emprego duna pistola, coa connotación de radicalidade que aparentemente ten a pintura de aerosol. O resultado é unha pintura de factura contundente, que loita por transgredir o lenzo, case a modo de debuxos de mantel, espontáneos. E todo na busca de diferentes ‘formas perdidas’, dese irrenunciable ‘fóra de campo’. Nese senso, esa sorte de pintura expandida na liña de artistas como Katherina Grosse ou Otto Zizko resultou formalizada na súa última exposición na galería C5 de Santiago de Compostela e no MARCO de Vigo na exposición ‘Urbanitas’, onde despregou a pintura polo teito e muros de ambos espazos, domesticando un pouco esa pintura grafietada ao modo de artistas como Nano 4814, El Tiñas, Pelucas, Kiko e Tay.
David Barro, 2006.
Emerxentes é, en calquera caso, máis que unha exposición ao uso, un lugar de debate para situarnos por encima dos cables das instalacións e pensar que a pintura é igualmente posible no marco dun cadro roubado hai uns cantos anos, cadro que cuestiona a fin ou a morte permanente daquela.
Antón Castro
Carlos Maciá. Wonderland
Definir la pintura de Carlos Maciá como una exquisitez de colores, formas y estructuras sería negar su esencia. Y es que el artista busca lo maravilloso a través de la sensibilidad, desentrañando así lo que ocultan las vivencias aceleradas de lo cotidiano. Maciá denota una percepción tan sutil como profunda y cada uno de sus cuadros es reflejo de la búsqueda de la perfecta captación de la realidad y su adecuada valoración. Sólo con semejante ejercicio el arte adquiere su significado más pleno, aunque siempre sometido a la subjetividad de quien lo ejecuta y de quien lo percibe, algo que no deja de ser un juego tan inquietante como el de la propia vida.
David Chao
Contaminacións
Na achega a esta mostra descóbrese un autor que, por novo, non resulta nin impulsivo nin precipitado. Carlos Maciá (Lugo, 1977) trata de definir, polarizar as moitas direccións que dispersa ou traza a pintura na actualidade e de poñerlle acentos a cada paso, a cada elo dun traballo diario. Non sorprende, deste xeito, que a súa obra evolucionara desde e contra a abstracción, e aínda máis que descorra desde a sorte de seguridade que presenta a trama, a delimitación de campos e as "Estructuras", que definían a súa pasada mostra individual no Centro Cultura Salvador de Madariaga. Pero serán campos contaminados, estructuras para construír, os que marcan os dispositivos de subida nunha pintura que pretende ser híbrida.
A súa nova achega marca unha viaxe subxectiva, despois de depurar ou, polo menos, acentuar as estructuras nunha serie de bandas ou ritmos verticais. ‘Wonderland’, país das marabillas, é o título da presente mostra onde, sen indicar unha relación concreta, pretende agudizar as mensaxes. A obra esboza as claves, a propia referencia á post-abstracción americana e europea, pero enriquécese na ollada plural, quizais irónica, quizais na película que leva o mesmo título de Michael Winterbottom. As chaves comezan xa na tarxeta de invitación, ó amosar o exterior do seu estudio en Madrid, cun lenzo colocado nun contexto urbano con sabas pendurando e planos de cores en fiestras e paredes. Campos visuais, sínteses, que logo vemos na súa pintura en direccións acoutadas, liñas rectas ou en fluídos precipitados. Será a propia técnica o que define a evolución non só da súa traxectoria senón de cada un dos lenzos, das varias bandas que se definen e vibran na superficie. Unha certa loita contra o depurado, desde a emoción da propia pintura, lévao a invadir desde a textura, desde a policromía metalizada do aerosol (que define algunha das obras presentadas) ou do xesto canalizado de Richter. Un certo arrefriamento do impulsa, de acoutar o trazo. Serán tamén os símbolos e as premeditadas repeticións de emblemas ou sortes de bandeiras as que pretenden actuar como nexos de series sen ansiar continuidade nin descanso.
J.M.L.