Crítica
A pintora pontesa presentanos unha serie de obras datadas a partir de 1999, ano no que se produciu unha ruptura na liña de creación iniciada pola pintora e que ven marcado fundamentalmente polo abandono da cor e das procuras que ata entón viñan definindo a súa producción e centrarse nun novo xeito de entende-la plástica e que agora nos amosa.
Deste cambio resultarán uns cadros directos que o espectador abrangue totalmente nunha primeira ollada; pero que non o deixan indiferente senon interro-gante ante o que está a ver:
O equilibrio que se define dende o seu propio soporte, unha forma xeométrica simple, o cadrado que nalgunhas ocasións medra ata se converter nun rectángulo.
O espacio construído por medio da creación das tensións que xeran tanto o dominio da liña coma o xogo que a autora mantén coas diferentes texturas que se conxu-gan nunha mesma obra.
As superficies nas que tamén teñen de novo un papel fundamental as calidades como definidoras da obra, contrastan noutras ocasións coa búsqueda consciente dunha pintura plana.
A cor que centra as incógnitas no dominio do branco, na cor ou na súa ausencia. O branco que non é senon a “non-cor” que abrangue tódalas demais cores que baixo esta premisa non son xa necesarias. É así, por medio deste branco esencial, polo que Carmen expresa cara ó exterior todo o que leva dentro e convídanos a ser participes delo.
Porque o seu branco non é sinónimo de valeiro nin tampouco de frialdade, nin resulta simplemente luz, senón que lIe suxire moito máis. Deste xeito a “non-cor” maniféstase como intensidade e acción; pero tamén a leva a falar de profundidade e de silencio, un mundo cheo de contrastes, expresión plástica de sí mesma. Ainda que ás veces abandone este branco total e se deixa levar por algún tono cru ou incluso un claro azul; pero estes sempre asomarán sen estridencias nin contrastes destacados sempre harmónicos.
Tamén en ocasións nos sorprende ó incluir nas superficies dos seus cadros elementos novos, froito dunha experimentación con diferentes materiais que comezou coa incorporación de fíos que conforman nun novo urdido sobre a tea base; e que continúa nunha liña evolutiva engadindo pequenos anacos de madeira que adosa ás súas superficies, convertendose así nun elemento recoñecible para o espectador no medio de todo ese universo propio que son as súas obras.
Estes anacos de madeira funcionan debido á súa colocación como ordenadores do espacio estragando a xeometría e o equilibrio ó tempo que crean tensións espaciais.
Elementos salientables ademáis polo seu volume que aínda que reducido proporcionalle un xogo de pequenas sombras que dan máis plasticidade á súa pintura. Nesta liña de experimentación atopamos un paso adiante, un xogar o soporte, o lenzo cortado e abombado que produce uns efectos que intensifican o carácter plástico da obra aínda máis.
Vista a súa obra poderiamos intentar defini-la pintura de Carmen Bellas, atoparlle referentes, influencias, clasificala ou encadrala nun ou outros movementos artísticos, falar de abstracción ou minimalismo; pero estas etiquetas hai tempo que deixaron de ter sentido e neste caso máis ca nunca, xa que a súa obra é toda unha expresión persoal que medra e evoluciona con ela.
Patricia Corbalán Anca
A muy pocos pintores les gusta que se les encasille en una tendencia concreta. Sería como cerrar una puerta cuando la evolución del artista, necesaria para la riqueza de su obra, requiere que todas estén abiertas. Algo de esto opina Carmen Bellas, una pintora que ya ha exhibido sus lienzos en varias exposiciones de renombre -las "Irrupcións" ferrolanas, la de la Fábrica de Allariz o la colectiva en el Museo Provincial de Lugo con el Grupo 20-. Preguntarle cuándo empezó a pintar sería peregrino: todos dibujamos de pequeños. La diferencia es que llegado a un punto, el cerebro y el corazón te pide que expreses lo que sientes de una determinada manera: unos lo escriben, otros lo hablan, unos lo pintan. Carmen llegó a ese punto de inflexión cuando se matriculó en Bellas Artes, y desde entonces ha hecho del pincel su forma de vida, no tanto vendiendo, pero sí enseñando a pequeños y mayores los rudimentos de un arte que a muy pocos permite vivir con holgura.
Una cierta abstracción y minimalismo es lo que se desprende su obra, que suele mirar de reojo a la obra de Chillida o los campos de color de Rothko. Para ello siempre ha preferido prescindir del color -el blanco y el negro bastan- y utilizar la geometría como el elemento capaz de ordenar los otros elementos, con el que asegura buscar otro tipo de equilibrios que no ofrece la amplia gama de una paleta.
El resultado, una particular forma de ver la vida y el mundo que rodea a esta joven pontesa. Tan particular, que a Carmen Bellas jamás se le ha ocurrido poner títulos a sus cuadros -"sólo lo haría para poder ordenarlos"-, una actitud que hace más libre al observador, al que despoja de eso que se llama prejuicios, que no son pocos en este amplio mundo del arte.
José Fandiño