Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Crítica

A base da miña pintura está no debuxo. O debuxo é unha escola de verdade e esixencia, obrigándome a unha especie de abstracción, pois trátase de ir mais alá das apariencias da faciana e do corpo, é capta-la luz, a esencia. O debuxo vale-me como trama e contenedor, lonxe do manto espeso da imaxe tecnolóxica e a contradictoria vangarda.
A miña situación está fora de intencións estéticas compartidas ou movementos; se acaso influenciado pola chamada Escola de Londres.
Cunha aptitude tal vez romántica; tento ter un mundo propio no que esas causas comúns e os ideais mutuamente perseguidos non teñen lugar. As reunións de artistas discu-tindo na mesa dun café non me interesan.
Esta actitude trae consigo unha certa satisfacción arisca, ó tempo que pintar ás veces se torna difícil, mesmo pinto só pola obriga moral de traballar ata que a inspira-ción peta de novo na porta do estudio.
Ás veces o fracaso é algo necesario, tamen doloroso. Lémbrame que o fracaso non é o desastre máximo.
Este recordo libérame dos remilgos do perfeccionismo, dos amaneramentos.
Tendo en conta que o elemento de inspiración é tan destructivo coma constructivo, os cadros tendo a pinta-los de novo ou a destruí-los.
As influencias do existencialismo dun ou doutro tipo, como actitude predominante son influencias dun compromi-so absoluto contra as modas dominantes. Como resultado dá unha sobriedade figurativa, na procura do xesto propio, limpa-las pegadas das influencias artísticas. En definitiva e a modo de crime perfecto, tentar non deixar rastro. Buscando a satisfacción creativa, resultado de facer armónico o conxunto.
Sobriedade figurativa dentro dun enfoque, un encuadre fotográfico poderíase dicir. Tomando de un todo o fragmento e aumentalo para potenciar o seu efecto.
Encontro interesante e atractivo representar nas obras a situación física, o corpo como asento do espíritu; obsesión e pantasmas, imaxes e ideas recurrentes nas súas diversas metamorfoses; como o desexo, o alento de alma, a cousa en nós e fóra de nos, subliminalmente baixo a tiranía da sexualidade masculina. Facer do erotismo un cántico, para a decepción de miróns con decimonónicas olladas.
Respecto os nús e mailos retratos, é indudable; síntome melIor fronte esas estructuras que fronte a outras coma as paisaxes, a sobriedade faise patente nos santificados nús de fondo dourado ou prateado elevando o corpo espido a estatus de fogar sacro, coa súa pose forzada ou relaxada, incluso decadente de neosantos, facer da aptitude do modelo unha identificación puntual co espectador.
Mergúllome no coñecemento dos motivos e necesidades propias, tentando equilibrar nas teas ou no papel os coñecementos do mundo, da natureza, da sociedade, do entorno..., dos libros. Os pintores non podemos durar a menos que teñamos a especie de intelixencia especulativa que fai que un pintor se invente a sí mesmo, que é na realidade o que fai a lectura dun libro.

Maximiliano López Fernández, Setembro de 2003

López, Maximiliano

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información