Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Crítica

Santiago Catalán, que dende cativo andou ao carrelo do mundo e mais das súas xentes, decidiu un bo día vir dar en chairego -e non soamente por razóns de consorcio conxugal- coa naturalidade de quen sabe que volve pisar, agora cos pes do corpo, as laxes de tantos camiños antes soamente imaxinados. E así, coa confianza dos que xa son da casa, vén hoxe ofrecérsenos aquí, no cerne da Terra Cha, deixando que xurdan desde o interior dese profundísimo espello que é a pintura unha chea de íntimas promesas que reflicten un mundo de ideas por riba das imaxes, de sentimentos antes que as figuras, de desexos por diante da liña e da cor.

Catalán é un pintor certamente agradeido para aqueles que carecemos de auténtico criterio para opinar de pintura e que nos sabemos incapacitados para entrar no labirinto da súa crítica. E é así porque o seu traballo estimula a ese Freud cativo que todos levamos dentro e convida ao escritor a moverse por espazos que lle son máis propios e nos que diminúe considerablemente o medo a esvarar e, sobre todo, a mancarse na caída.

"Pinto mulleres porque iso é o que me sae...", avisa o artista e así o comprobamos os demais, quen sabe se dispoñéndonos a caer no pedante exercicio de lle procurar motivacións de carácter máis ou menos arrevesado a un comportamento que, despois da explicación por el confesa, resulta obvio e non precisa de maiores aclaraciones. Se cadra poderiamos singularizar o substantivo: Santiago Catalán pinta ou sente que debe pintar- a muller. E non soamente a femia do xénero humano senon a femia de todas as especies, a que posúe a capacidade xenial de suxerir nos demais cada pinga de vida nova antes de concedela por enteiro. A muller na moura fondura dos ollos amendoados, na boca xa bicada que se ofrece outra vez, na curva delongada dos lóbulos que pechan a circunferencia metálica do pendente, na insinuante aréola duns peitos sempre túrxidos, na pinga omnipresente do pintado lunar da meixela, na insinuante actitude felina que cada trazo concede.
Ela...

Paco Martín, no San Ramón de 2009.

Catalán, Santiago

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información