Crítica
A PAISAXE É VERDADE A PAISAXE É MENTIRA
Non sei a quen Ilo oín. Non foi a alguen relacionado coa Crítica de Arte ou ca Literatura senón coa Bioloxía. O que sei é a boa da frase púxome automáticamente a pensar. Como seguramente poría a pensar a Vázquez Castro. E igoal chegaba coma a mín a conclusión de que a Paisaxe e verdade a Paisaxe tamén é mentira.
O que vemos unido nunha paisaxe son cousas e seres mesturados nunha diversidade xuntada non nunha unidade. Esta unidade só é aparente. Parécenos así dada a nosa distancia i o impulso, o pulo cordial unificador. Hai en nos unha profunda -quizaves nostálxica- de unidade. Non está diante senón na propia visión. A amada está no amante.
O interesante de unha paisaxe é o que ten de intre, por eso a pintura da paisaxe ten que ser velocisma para que sena dun só intre. Por eso Ile vai ben a acuarela, e non a síntese de varios intres de luz. Porque esto sí sería mentira ouxetiva. Aunque unha mentira ouxetiva pode ser unha verdade interior.
No son trasnoitados os paisaxistas nin pouco humano porque semellen indemnes a dor humana e a Historia. ¿Verdade, descoñecido amigo Vázquez Castro?. Pero hai que esixirlles moito. Esixirlles que nos pasen a impronta de Eternidade que a naturaleza-Terra ten. Inde que ó home xa nada Ile abonde.
Uxío Novoneyra, Parte do prólogo do catálogo, 1989
DIÁLOGO NO CARTAFOL
Artista comprometido co óleo e a acuarela, traslada á obra gráfica algunha da súa iconogra-fía habitual. Un diálogo co ambiente, organizando os motivos iconográficos que Ile quedan preto, son imaxes visualizadas no papel e extraídas do mundo cotián, relacionadas coa natu-reza do noso carácter, pegadas que advertimos próximas, testemuños reais executados dende a sensibilidade e a ilusión. Nas obras de Vázquez Castro recoñécese o senso específicamente telúrico da narración, o carácter esencial que convertiu este tipo de pintura en Galicia nunha manifestación ilustrativa dun estilo costumista que se adapta ós trazos da actualidade.
Mercedes Rozas
(Da carpeta de gravados "Lembranzas", 1998)
VÁZQUEZ CASTRO
Xosé Vázquez Castro purifícase de banalidades ante lenzo ou papel. Xoga coas cores e coas liñas como un neno-deus indiferente ó mundo que Ile rodea, despreocupado de modas e impo-sicións, alleo a mercados e esnobismos. Como se a súa pintura vivise noutros mundos máis aéreos, máis sutís, alleos ás continxencias do materialismo cultural. E da purificación espida, nacen como de un volcán os novos valores da súa pintura. Coma un magma impara-ble de lava plástica que xurde do xogo creador dun artista puro.
Este proceso, de recreación nun novo xogo de demiurgo, marca esta pintura chea de seres vivos, extrañamente entrañables, nacidos de golpes de paleta, que como o Deus da Biblia, corta trozos de barro primordial e da pintura luminosa e magmática de Vázquez Castro, para darlles forma e insuflarles vida autónoma, xa independentes do fondo, indiferente do cadro.
Daniel Buján.
(Parte do prólogo do Catálogo-Libro "Vázquez Castro", 2001)