Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

PREMIOS GALICIA EN FEMININO

PREMIOS GALICIA EN FEMININO
Fecha: 
Sábado, 22 Septiembre, 2007
Convoca: 
Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, como organismo autónomo adscrito á Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, Resolución do 14 de febreiro de 2001 pola que se crean os Premios Galicia en Feminino e se aproban as bases para a súa concesión. D.O.G. Nº 38 - Xoves, 22 de febreiro de 2001. O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, como organismo autónomo adscrito á Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, créase por Lei 3/1991, do 14 de xaneiro, tendo como obxectivo principal a promoción e adopción de medidas encamiñadas á consecución da igualdade efectiva das mulleres e dos homes, removendo os obstáculos que impidan a participación e a integración da muller na vida social, cultural, educativa, económica e política de Galicia. O artigo 3 do citado texto legal determina as funcións que desenvolve dito Servicio para o cumprimento de tales obxectivos e, entre elas, a de realizar e fomentar estudios sobre a situación das mulleres galegas, promover medidas e programas de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, incentiva-la participación das mulleres na vida política, económica, cultural, educativa e laboral, así como velar polo cumprimento dos convenios e tratados internacionais nos aspectos que afecten a materias de igualdade. Neste sentido, as directrices da Unión Europea instan ós Estados membros a considera-la igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio democrático básico respaldado polos tratados internacionais. A incorporación da igualdade de oportunidades en tódolas políticas deixou de considerarse unha opción para converterse nunha esixencia na construcción da Europa da cidadanía. O principio de igualdade implica por unha parte a realización de medidas específicas de igualdade de oportunidades e por outra a consideración activa e explícita dos posibles efectos diferenciais que terán en homes e mulleres os programas e actuacións políticas a desenvolver por entidades e organismos. Os Estados membros a instancias da Unión Europea poñerán en marcha actuacións que promovan un reparto equilibrado das responsabilidades na vida política, económica, social, cultural, profesional e familiar
Tema: 
Co fin de estimular e dinfundi-las actuacións que reflicten as aportacións das mulleres á sociedade, denuncien as situacións de discriminación por razón de sexo e promovan a transformación de esteriotipos sexistas, así como recoñece-la traxectoria e o esforzo de persoas e entidades a favor da igualdade de oportunidades.
Bases: 

Premio á participación laboral das mulleres.
1. Outorgarase a proxectos empresariais ou empresas promovidas por mulleres ou aquelas que melloren a situación das mulleres nos postos de traballo, implantadas en Galicia.

2. O xurado valorará as realizacións encamiñadas a posibilita-la inserción laboral por conta propia ou allea, a impulsa-la conciliación da vida profesional e familiar, a promove-la diversificación profesional e a favorece-lo acceso ós postos de decisión.

Premio á difusión dunha imaxe non discriminatoria das mulleres.

1. Poderán optar profesionais do xornalismo que desenvolvan a súa labor na Comunidade Autónoma de Galicia, e programas continuados e puntuais de medios de comunicación e campañas publicitarias.

2. O xurado valorará a contribución á modificación de estereotipos tradicionais no tratamento da imaxe das mulleres nos distintos ámbitos, o uso dunha linguaxe non sexista, a divulgación dos logros e contribucións das mulleres e a labor expresa na defensa da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

Premio á participación artístico-cultural das mulleres.

1. Outorgarase a persoas individuais destacadas en actividades artístico-culturais ou a entidades e programas que promovan o protagonismo cultural das mulleres galegas.

2. O xurado valorará a labor realizada para resalta-las aportacións das mulleres á arte e á cultura, dignificando os logros obtidos e visibilizando a importancia das actividades realizadas tradicionalmente por mulleres no ámbito cultural de Galicia.

Premio á participación social.

1. Poderán recibi-lo premio entidades que promovan a incorporación activa das mulleres a tódolos ámbitos de desenvolvemento social de Galicia.

2. O xurado valorará o traballo realizado para fomenta-la participación social das mulleres nun plano de igualdade atendendo especificamente á participación promovida naqueles ámbitos en que existen dificultades engadidas por tratarse dos colectivos máis desfavorecidos pola sociedade.

Distinción honorífica pola defensa da igualdade.

1. Outorgarase a persoas ou entidades que de xeito continuado e relevante contribuíran á igualdade de oportunidades das mulleres galegas.

2. O xurado estudiará as propostas que estén avaladas por organismos públicos, asociacións de mulleres ou entidades de iniciativa social que se presentarán acompañadas dun resumo de motivacións e méritos que consideren que concorren na persoa ou entidade que propoñen.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2001
Aurora Montes Santa-Olalla
Directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller

Candidaturas.

1. Cada membro do xurado propoñerá candidaturas por cada modalidade de premio, acompañando unha memoria explicativa dos valores e méritos de cada unha delas, que permita ós membros do xurado valorar cada proposta.

2. O xurado elexirá ós/ás premiados/as, en cada modalidade, entre as candidaturas propostas polos seus membros, durante as súas sesións de traballo.
Os premios concederanse anualmente, referíndose ós méritos das candidaturas durante o ano anterior ó da súa concesión.
Entrega dos Premios
Os Premios entregaranse no transcurso dun acto público, no mes de marzo de cada ano, con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres.

Fallos: 
O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, como organismo autónomo adscrito á Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude
IGUALDAD DE OPORTUNIDADES ENTRE AMBOS SEXOS

Premios

MINISTRA DE SANIDAD
ANA PASTOR
PRESIDENTA DE LA CRUZ ROJA GALICIA
CARMEN COLMEIRO
DIRECTORA DE CLUB FARCO DE VIGO
ANA MìNGUEZ
GALICIA EN EL FEMENINO DE COMUNICACIóN

Premios

PRESIDENTA DE ASOCIACIóN ALECRíN
MARISA REAL
LA BUSQUEDA DE LA PERFECCIóN EN DISEñOS

Premios

DISEñADORA
KINA FERNáNDEZ

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información