III PREMIO DE POESÍA “MARÍA MARIÑO”
Suxeito ás seguintes BASES:
1.Poderán participar todas as persoas maiores de idade que o desexen calquera que sexa asúa nacionalidades sempre que o seu traballo sexa escrito en galego.
2.Os poemas que se presenten deberán ser orixinais, inéditos e non presentados noutros concursos, sendo libres o tema e maila forma.
3.III Premio María Mariño de Poesía estará dotado cun: Primeiro Premio de 500€ e un Segundo Premio de 300€.
4.Cada concursante participará cun só poema, que non deberá exceder os CEN versos mecanografados a dobre espazo en formato DIN-A4, por una soa cara e por quintuplicado.
5.Os poemas deberánse presentar baixo lema, indicando no sobre: “PARA O III PREMIO DE POESÍA MARÍA MARIÑO”. No interior do sobre que conteña o traballo , achegarase en sobre aparte, pechado e lacrado cos seguintes datos: nome, apelidos, DNI ou pasaporte, enderezo e teléfono, da persoa autora do traballo así coma un resumo dos seus datos biográficos que non deberá exceder as quince liñas.
6.O Xurado cualificador estará integrado por cinco personalidades das letras e da cultura galegas actuando coma secretari@ con voz e sen voto una persoa, elixida pola directiva da asociación.
7.O fallo do Xurado será inapelable,a súa composición así como o nome dos galardoados darase a coñecer a través dos medios de comunicación. Os galardoados recibirán comunicación directa por parte da organización.
8.A entrega dos Premios terá lugar nun acto poético en día a sinalar dentro da Semana das Letras Galegas 2011.
9.O prazo para a entrega dos traballos é improrrogable, rematando ás 12 horas do 16 de Abril do 2011.
10.Os poemas remitiránse a:
ASOCIACIÓN TEENSES POLA IGUALDADE
ESCOLA DE VILANOVA, 1º ANDAR. RECESENDE.
15895- TEO- A CORUÑA
11.Os traballos gañadores quedarán en poder da Asociación Teenses pola Igualade que se reserva os dereitos sobre os mesmos.
12.Os traballos presentados non premiados deberán ser retirados polos autores previa identificación, no prazo de dous meses, dende a entrega do Premio. Transcorrido dito prazo procederáse a súa destrucción.
13.A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes Bases. Tódalas incidencias non previstas nas mesmas serán resoltas pola Directiva ou polo Xurado cando éste quede constituído.
TEO, a 8 de Novembro do 2010.
A Directiva.