Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Desfile de Entroido de Tui

Fecha: 
Viernes, 18 Febrero, 2011
Convoca: 
Concello de Tui, Departamento de Cultura
Tema: 
Carnaval
Bases: 

O primeiro premio da categoría xeral está dotado con mil euros.

Dende mañá e ata o venres está aberto o prazo de inscrición para o Desfile-Concurso de Entroido a celebrar o 8 de marzo

Establécese un máximo de 14 comparsas e 7 grupos participantes

 

Martes, 15 de febreiro de 2011. Dende mañá mércores, 16 de febreiro, e ata este venres, 18 de febreiro, estará aberto o prazo de inscrición para participar no Desfile de Entroido de Tui que se celebrará o martes 8 de marzo.

 

Hoxe martes a Concellería de Cultura vén de facer públicas as bases deste evento que se poden consultar nas webs www.concellotui.org e www.culturatui.info, así como no taboleiro de información do Concello de Tui e no Departamento de Cultura.

 

Establécense dúas modalidades de participación: comparsas que deben estar formadas coma mínimo por 25 persoas, e grupos que deber ter un mínimo de 12 integrantes e un máximo de 20.

 

A inscrición debe facerse no Departamento de Cultura no impreso normalizado para este fin ata este venres de 10 a 14h. Establécense un máximo de 14 comparsas participantes e 7 grupos, coa salvidade de que nunca unha comparsa ou grupo de Tui quedarán fóra de concurso.

 

No desfile-concurso serán repartidos máis de 6 mil euros en premios, unha contía á que hai que sumar a do importes fixos por participar que vai dos 50 euros para grupos foráneos sen carroza aos 500 de comparsas tudenses con carroza.

 

En premios establécese unha categoría Xeral na que o xurado valorará a orixinalidade, vestiario, reacción do público, acompañamento musical en vivo, parodia e carroza, os premios establecidos son de 1000€, 800€, 600€, 400€, 200€ e 100€. Amais establécense seis premios e trofeos para as carrozas valorados entre 600 e 50 euros. En acompañamento musical haberá tres premios de 300, 200 e 100€, e como novidade establécense tres premios á Fantasía de 300, 200 e 100€, nos que se valorará o vestiario e a coreografía.

 

O Desfile-Concurso celebrarase o martes 8 de marzo, festivo local en Tui, a partir das 17.30h nun circuíto pechado polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda. A orde de saída dos participantes establecerase mediante sorteo o 1 de marzo ás 20h no Salón de Sesións da Casa do Concello de Tui. A orde de saída, segundo o recollido nas bases, será en primeiro lugar os grupos de fantasía, despois os grupos de parodia, as comparsas de fantasía e por último os grupos de parodia.

 

Os grupos e comparsas participantes deben asistir na súa totalidade ao Enterro do Bacallau que se celebrará o domingo 13 de marzo ás 19.30h dende a Praza de San Fernando até o Aparcamento Municipal.

 

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información