CONCURSO INTERNACIONAL DE FOTOGRAFIA “PONTE INTERNACIONAL VALENÇA – TUI”
Regulamento de participación
OConcello de Tui e a Cámara Municipal de Valença do Minho ao abeiro dos actos
conmemorativos do 125 aniversario da inauguración da Ponte Internacional sobre o río
Miño convocan un concurso internacional de fotografía que se rexerá polas seguintes
bases.
1.- Obxectivo.- Con este concurso se pretende resaltar a ponte internacional sobre o río
Miño, que será a protagonista das fotografías participantes
2.- Participantes.- Calquera persoa interesada, sen limitación algunha
3.- Tema y características.- Serán como máximo tres fotografías (independentes ou
conformando unha serie) relacionada/s coa ponte internacional sobre o río Miño que
une as cidades de Valença do Miño e Tui.
As fotografías deberán ser inéditas, en B/N ou en cor e non poderán ser manipuladas
por programas de tratamento de imaxe nin ter sido seleccionadas ou premiadas en
calquera outro certame o concurso. As fotografías non poderán incluír contidos ilícitos,
ofensivos ou discriminatorios, nin lesionar bens ou dereitos, incluídos dereitos de imaxe
de terceiros.
Cada imaxe ou serie irá acompañada dunha breve explicación, se fose o caso, das
características técnicas da/s fotografía/s.
O tamaño ou mancha da imaxe será, como mínimo, de 24 cm no seu lado menor, tendo
que ser presentadas ao concurso montadas sobre soporte ríxido de 40 x 50 cm.
4.- Identificación. Ao dorso de cada obra o autor deberá facer constar un lema
identificativo da obra ou da serie. Na entrega da/s obra/s, esta/s irá/n acompañada/s dun
sobre pechado e identificado co lema da obra ou serie que no seu interior conteña:
- os datos persoais do autor (nome, apelidos, enderezo, DNI , NIE, pasaporte, teléfono
de contacto, correo electrónico...)
- declaración do autor de que a/s obra/s presentada/s son inéditas, non están
manipuladas por programas de tratamento de imaxe nin teñen sido seleccionadas ou
premiadas en calquera outro certame.
- documento explicativo da/s obra/s, se fose o caso.
5.- Presentación.- O prazo de presentación dos traballos finalizará o 1 de marzo do
2011. Os traballos deberán ser remitidos á seguinte dirección:
Concurso de Fotografía 125 aniversario da Ponte Internacional
Cámara Municipal de Valença
Praza da República
Valença do Miño
Biblioteca Municipal de Tui
Edificio Área Panorámica – Colón, 2
36700 Tui
6.- Criterio de valoración e xurado.- Se constituirá un xurado que se reunirá có obxecto
de emitir o seu fallo atendendo, alomenos, aos seguintes criterios:
- A creatividade, a orixinalidade e o interese do traballo.
- A adecuación da/s fotografía/s á temática do concurso
- O concepto ou idea que pretende transmitir e o seu impacto visual
O xurado reservase o dereito de facer algunha mención especial no caso que o considere
convinte.
O xurado estará conformado por:
- Alcalde de Tui, ou persoa en quen delegue
- Presidente da Cámara Municipal de Valença ou persoa en quen delegue
- Un fotógrafo portugués
- Un fotógrafo galego
- Un representante da Agrupación de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal.
O xurado resolverá o concurso antes do 15 de marzo de 2011.
7.- Premios:
Se establecen os seguintes premios:
1º premio: 700 euros
2º premio: 300 euros
Os premios están suxeitos á lexislación fiscal existente en España e, en particular, á
normativa vixente en materia de retencións e pagos a conta.
8.- Dereitos de autor e condicións de participación:
As fotografías premiadas pasarán a propiedade dos organizadores, que se reservan
tamén o dereito de utilización de calquera das fotografías presentadas para a súa
reproducción, distribución, ou exposición pública, sempre sen afán de lucro, facendo
constar, en todo caso, o nome do autor da fotografía.
Os participantes respostarán persoalmente da lexítima titularidade e orixinalidade da/s
obra/s, nos términos citados no Texto refundido de la Ley de Propiedad Intelectual,
garantindo a titularidade e o carácter orixinal e inédito da/s obra/s.
9.- Protección de datos:
Os organizadores del Concurso se comprometen a garantir a protección da privacidade
dos fotógrafos e de todas as persoas cuxos datos persoais sexan proporcionados aos
organizadores, e a cumprir coas súas obrigas no que atinxe á protección de datos
personais (acorde á Ley Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Personal-
LOPD).
Polo feito de participar no concurso, os fotógrafos dan o seu consentimento ao uso dos
seus datos personais na forma que se establece neste apartado.
10.- Exposición pública das fotografias e retirada das obras non premiadas:
Procederase á exposición pública das fotografías premiadas e das seleccionadas que
considere o criterio do xurado, alomenos nas cidades de Valença do Minho e Tui e
naqueles outros lugares que estimen pertinente os organizadores
Logo da última exposición pública os organizadores avisaran aos autores das obras non
premiadas para que procedan á retiradas das mesmas no prazo de trinta días naturais. Se
transcurrido ese tempo non fosen retiradas as obras quedarán en propiedade dos
organizadores que poderán dispor libremente das mesmas.
11.- Aceptación.- O feito de participar no concurso implica a cesión en exclusiva polos
autores ás institución organizadoras dos dereitos de explotación sobre os traballos,
incluíndo os dereitos de reproducción, recopilación en libro, transformación,
distribución e comunicación pública, para todo el mundo, polo máximo prazo de tempo
que recoñece a lexislación aos titulares dos dereitos e por calquera medio ou soporte,
incluso Internet.
Asemade, a participación no concurso supón o coñecemento e aceptación por todos os
concursantes das presentes bases, motivo polo que, non poderán impugnalas unha vez
formalizada a presentación, así como a aceptación das decisións que puidera adoptar a
organización do concurso a efectos da interpretación ou resolución de cuestiones non
recollidas nas presentes bases.
A organización do concurso non devolverá os traballos orixinais e reservase o dereito de
declarar deserto o premio se, a xuizo do xurado, os traballos presentados non se ateñen
ás normas establecidas ou non acadan a calidade necesaria